campionato de españa de traiñeiras

O profeta rema na súa ría

Zunzunegui posa coa Bandeira de Castro Urdiales, a única que gañou Zierbena esta tempada na Liga ACT.
photo_camera Zunzunegui posa coa Bandeira de Castro Urdiales, a única que gañou Zierbena esta tempada na Liga ACT.
A Zierbena do vigués Juan Zunzunegui é unha das grandes favoritas para gañar en Moaña
A ría de Vigo acolle mañá e o domingo o LXXII Campionato de España de traiñeiras. Un evento algo descafeinado pola ausencia do mellor barco galego -Cabo da Cruz renunciou a participar- e da maioría das embarcacións vascas. De feito, tan so veñen a competir en Moaña Santurtzi, Donostiarra e Zunzunegui, actual campiona de España co vigués Juan Zunzunegui como adestrador e remeiro. "Fai ilusión competir na casa, pero sobre todo fai ilusión poder gañar outra vez", apunta.
Zierbena quere repetir un título que acadou en Castro Urdiales o ano pasado. Para iso, viaxa hoxe con todos os seus deportistas, incluido o tamén vigués Jaime de Haz, que chegou onte á súa cidade para gozar da familia e os amigos algo máis de tempo. Zunzunegui non esconde a condición de candidato, non so do seu bote, senón dos tres vascos, que parten coma grandes favoritos en Meira fronte os cinco galegos: Samertolameu, que rema en casa, Tirán, que o fai no campo do seu eterno rival, Ares, líder da LGT, Vilaxoán e Mecos. "Se non pasa nada raro, o normal é iso. Pero logo hai que remar", avisa o adestrador olívico.
Zunzunegui está "satisfeito" pola traxectoria do seu barco na Liga ACT, que xa chegou ó seu ecuador. De feito, Zierbena (cuarta, con 112 puntos) está pelexando con -precisamente- Santurtzi (segunda, con 117) e Donostiarra (quinta, 105), ademáis de Hondarribia (terceira, con 115) pola segunda praza na Liga, xa que Orio lidera a clasificación con 133 puntos e certa folgura. "Estamos pelexando", afirma. "Ó final, están as forzas moi igualadas e depende do día, do rego polo que remas, das condicións do mar e do vento. Normalmente, ó que lle tocan as mellores é o que gaña", comenta o adestrador de Zierberna, que gañou a súa única Bandeira da tempada en Castro Urdiales, precisamente onde quedou campión de España o ano pasado.
A ausencia de Cabo da a Tirán e Samertolameu a opción de pelexarlle a Ares a distinción de mellor galego. Para Zunzunegui é "unha pena" que non haxa ningún barco da Ría en ACT, pero "o salto é grande" e hai que "traballar duro" para acadalo. "Co nivel que hai este ano, é un bo momento para ascender", avisa o vigués, que estaría encantado de competir cos botes da súa ría. Esta fin de semana poderá facelo. n

Te puede interesar