ciclismo

O ombro para a Delio

Delio Fernández, tras ser operado en el Hospital Povisa de Vigo.
photo_camera Delio Fernández, tras ser operado en el Hospital Povisa de Vigo.
O ciclista moañés foi operado o pasado luns tras sufrir tres luxacións na última tempada e comezará a competir en marzo
O moañés Delio Fernández foi operado o pasado luns do seu ombreiro esquerdo para tratar de solucionar o problema de luxacións sufrido durante a pasada tempada. A intervención obriga a parar ó morracense que agora estará pendente da súa evolución para concretar o regreso ós adestramentos e a competición, pero afrontará o ano 2020 con máis calma que anos anteriores e, como mínimo, non volverá ó pelotón ata o mes de marzo. 
O morracense aclara que "no último ano sufrín tres luxacións na articulación. Dúas foron en caídas en carreiras e a última xa foi na casa e, nese momento, xa valoramos a opción de operar porque xa se converteu nun problema importante". No seu caso, o ciclista matizou que "a min saíame cara diante e enriba da bicicleta podía ir porque a forza é contraria, pero non podía levantar o brazo nin nada parecido". A isto engadiu que "noutros casos parece que doe menos, pero para min chegaba con picos de dor moi fortes e, a última vez, incluso sufrín mareos ó quedarme un nervio pinzado". 
Deste xeito, a situación xa se fixo insoportable para Delio Fernández e o ciclista do equipo profesional Delko Marseille optou por realizar a intervención antes de iniciar a tempada, aínda que o ano xa está condicionado por esta doenza e nos primeiros meses apenas competirá. Polo tanto, a planificación aínda está lonxe de pecharse e tamén depende da evolución dunha articulación que ten unha recuperación complicada. Iso si, para un ciclista "non é unha zona que teña moito traballo, salvo se chega unha caída", explica Delio Fernández. No primeiro prazo de recuperación o corredor ten que estar seis semanas co brazo inmobilizado. Ademais, "por agora non podo nin facer rodillo polo tema das cicatrices. Veremos a evolución para determinar o que podo ir facendo despois e a forma que perdo. Xa adestrei bastante nas últimas semanas". A isto engádese que o Delko Marseille ten un equipo con maior número de ciclistas esta tempada e, polo tanto, os obxectivos de Delio Fernández non chegarán ata o final da primavera e o verán. Non obstante, todo queda pendente da evolución dun ombreiro que saíulle do sitio en tres ocasións no último ano.n

Te puede interesar