balonmán

O líder é por algo

Pedro Aymerich realiza un lanzamento ante o porteiro do Adrianenc Enric González.
photo_camera Pedro Aymerich realiza un lanzamento ante o porteiro do Adrianenc Enric González.
O Novás gañou con claridade ó Adrianenc para seguir na primeira praza

O Novás é líder por números, por xogo e ata por contundencia. Onte, no Municipal do Rosal, exerceu a súa condición cunha vitoria clara, sen contestación. Durante moitos minutos pasou por enriba do Sant Martí Adrianenc para asegurarse rematar a xornada na primeira posición que será en solitario ou igualado co Barcelona en función do resultado de hoxe do equipo catalán ante o Sarriá (12:30).
O equipo do Baixo Miño tivo unha tarde cómoda porque ós vinte minutos de enfrontamento xa tiña encamiñado o partido cun 10-5 e a cinco para o descanso a vitoria xa case estaba no peto (19-13). 
Chegou algunha dúbida no final do primeiro tempo, que xa quedou resolta nos primeiros minutos do segundo acto cando o electrónico marcaba un claro 21-13 (min. 40). Había pouco que xogar ata o final do enfrontamento. Goles para os dous equipos e moi bos números do lateral local Henrique Petter, que marchou ata as dez dianas para encabezar a estatística da formación do Rosal. 
O Novás terá un desprazamento longo a vindeira semana, xa que visitará ó Bordils. Iso si, o equipo da provincia de Girona é o pechacancelas da táboa. O líder visita ó último. 

Acanor Novás Valilox:
Jorge García Lloria (p), Héctor Gil (p), Álex Dorado, Iago Flores, Andrés Vila (2), Paulo Dacosta (1), Hermida, Martín Molina, Aymerich (4), Krook (4), Chaparro (1), Trigo, Manu Martínez (2), Petter (10), Pintus (2), Pau Ferre (1). 
Sant Martín Adrianenc:
Enric González (p), Gerard Esparza (p), Laliga (3), Xavier Álferez (1), Cisneros (1), Peiró (1), Pujol (1), Galán, Romero (3), Calle (5), Villoria (1), Rostagno, Ben Brahim (2), Sancho (2). 
Parciais:
3-2, 6-3, 8-5, 10-5, 13-7, 15-11 (desc.), 19-13, 21-13, 23-15, 24-16, 25-18, 27-20. 
Árbitros:
Tania Rodríguez e Lorena García. Sancionaron con dous minutos de exclusión a Krook e Manu Martínez polo Guardés e a Ben Brahim (2) e Sancho polo Adrianenc. 

Te puede interesar