traiñeiriñas territorial sur

Moaña manda no sur

A traiñeiriña feminina de Samertolameu obtivo a vitoria contundente no Territorial Sur.
photo_camera A traiñeiriña feminina de Samertolameu obtivo a vitoria contundente no Territorial Sur.

Samertolameu, con dúas vitorias, e Tirán repártense os títulos no Campionato Territorial

Xornada con vento do norte e marea baixa nas augas de Meira e dominio case absoluto do club local de Samertolameu, que sumou dúas vitorias. Soamente a tripulación veciña de Tirán Pereira evitou o pleno en sénior marculino por menos de dous segundos.
A regata que pechou a xornada foi a da emoción, a pesar de que as embarcacións moañesas vogaron pola primeira e a quinta rúa, algo que restou espectacularidade. No exterior do campo de regatas vogaba o barco local e no interior o do Con. Foi Tirán o que marcou o ritmo no primeiro longo, pero no segundo, no que debería ter abrigo do vento, pasaban pola baliza os barcos moañeses no mesmo tempo. No terceiro rachou a tripulación do Con a proba e aguantou a renda no definitivo. Por detrás, Bueu foi terceiro. 
En mulleres e xuvenís, as regatas careceron de emoción porque os barcos de Samertolameu mandaron de principio a fin con autoridade. En féminas, completaron o podio Mecos e Coruxo, e, en xuvenís, repetiu Mecos e meteuse Cesantes no terceiro posto. 
Os catro primeiros da categoría absoluta acadaron o billete para o Campionato Galego, que se disputa este fin de semana en Boiro. En xuvenís teñen garantido o billete os cinco finalistas porque no territorial norte soamente hai tres traiñeiriñas.n

Te puede interesar