tenis cto galego

O Mercantil vigués acolle o Campionato Galego absoluto

José Ramón Lete acudiu á presentación do Campionato Galego.
photo_camera José Ramón Lete acudiu á presentación do Campionato Galego.
 A cita principal do tenis galego terá lugar en Vigo este ano. O Campionato Galego recala na cidade olívica tras disputarse o ano pasado na Coruña. As pistas do Mercantil acollerán un torneo para o que hai un total de 324 inscritos en todas as categorías, dende alevín ata sénior. A loita polo cetro galego comeza hoxe coa disputa das previas e extenderase ata o vindeiro domingo día 28.
Onte tivo lugar a presentación do torneo nas instalacións da casa das Federacións en Vigo. No acto estivo presente o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, acompañado de Daniel Viñas, Presidente do Círculo Mercantil, e Susana Varela, vogal da Federación Galega de Tenis, entidade organizadora do evento co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo.
No evento estarán as mellores raquetas masculinas de Galicia. Roberto Rodríguez, Tomás Currás, David Cao, Rodrigo Figueroa y Simón Arca entre outros loitarán durante toda a semana por alcanzar a cima do tenis galego.
No cadro feminino destaca a ausencia da actual campiona galega, Celia Cerviño. A pontevedresa, que onte se tivo que retirar en Don Benito por unha gastroenterite, bicampeona individual e de dobles do torneo, non poderá revalidar o título xa que estará en Porto no ITF 25.000 da cidade lusa. Deste xeito ábrese a porta para que a viguesa Carla del Barrio loite por un título ó que a principal favorita é a coruñesa Uxía Martínez. 

Te puede interesar