Deporte local

Mellor imaxe, igual resultado

Deporte local

liga asobal

Mellor imaxe, igual resultado

Dani Cerqueira bromea cun xogador rival no partido de onte.
photo_camera Dani Cerqueira bromea cun xogador rival no partido de onte.

nnn  O Logroño La Rioja impúxose onte ó Frigoríficos do Morrazo por 30-25 nun partido no que non estivo cómodo na primeira metade pero soubo darlle a volta na segunda para conseguir a oitava vitoria da tempada. Deste xeito continúa na loita polas primeiras posicións, mentres que o conxunto cangués segue sen coñecer o triunfo esta tempada. Leva tres puntos noutros tantos empates e está situado en zona de descenso.
O partido comezou igualado con ambos o equipos respondendo ós goles do outro, con iniciativa dos de Cangas, moi motivados no inicio, á que respondían os locais en cada xogada (3-3, minuto 6). A partir de aí, a defensa e o porteiro, Javi Díaz, do Frigoríficos do Morrazo pararon os ataques dun Logroño impreciso. A renda morracense chegou a ser de catro goles (6-10).
Pero quedaba moito tempo e os locais empezaron a darlle velocidade ó xogo e a buscar ao canteirán Eduardo Ortiz no extremo. Tamén subiron o nivel defensivo para equilibrar o choque xa ao descanso (13-13).
O equipo de Logroño, coa velocidade de ataque de Casado e, de novo, as intervencións de Jorge Pérez na portería, empezou a mandar e a controlar o marcador (21-19). O Frigoríficos xa estaba sen forza. Perdeu por cinco goles, aínda que o nivel foi mellor que en xornadas anteriores.

 Logroño La Rioja (13+17): 
Jorge Pérez (p), Miguel Sánchez-Migallon (5), Mario Dorado, Casado (4, 1p), Serradilla (2), Dos Santos (5), Ortiz (2), Rangel (p), Pino, Balenciaga (7, 2p), Goñi, Tomás Moreira (3), Eduardo Cadarso (1), David Cadarso y N’Diamar (1)
Frigoríficos Morrazo (13+12): 
Javi Díaz (p), Miguel Raposo (3), Dani Fernández (4), David Iglesias (6), Adrián Meduiña (5, 4p), Alen Muratovic (1), Alberto Martín (2), Simes, David Soliño (1), Quintas, Martín Gayo (1), Rubén Falco (1), Daniel Cerqueira, Carlos Vilanova, Gerard Forns, Santiago López (1)
Parciais: 
2-2, 3-5, 5-9, 7-10, 10-11, 13-13 (descanso), 17-15, 21-18, 24-20, 26-21, 27-22 y 30-25.
Árbitros: 
Fernanda Espino e Víctor Navarro. Excluiron dous minutos a Dos Santos, Miguel Sánchez-Migallon e Serradilla; Juan Carlos Quintas e Cerqueira. Expulsado Alberto Martín (min. 58).

Más en Deporte local
Comentarios