rugby

O Kaleido Vigo inicia o asalto da permanencia

Os xogadores do Kaleido Universidade viaxaron onte a Vitoria para medirse hoxe ó Gaztedi.
photo_camera Os xogadores do Kaleido Universidade viaxaron onte a Vitoria para medirse hoxe ó Gaztedi.

O equipo vigués visita ó Gaztedi (11:30) cunha praza na División de Honra B en xogo

A eliminatoria, a última da tempada cando a maioría dos xogadores xa están nos torneos da modalidade a sete ou, incluso, nos de praia. Este é o contexto no que o Kaleido Universidade de Vigo, que rematou a tempada regular hai tres meses, afronta a eliminatoria co Gaztedi vitoriano por unha praza na División de Honra B do rugby español a vindeira tempada, que comezará en setembro. A última oportunidade completamente fóra de datas. 
Se os vigueses acumulan un tempo de inactividade tan longo como o descanso de verán sen xogar, o seu rival afronta a eliminatoria que comeza hoxe na Gamarra despois de tres elimitarios consecutivas a ida e volta sen descanso e tras perder o pasado sábado ante o Oviedo. Unha acumulación de minutos que pode pesar chegado ó mes de xuño. O encontro de hoxe é o primeiro episodio dunha película que terá en sete días a resolución nas Lagoas. 
Por este motivo, a intención da formación dirixida por Adrián Lago pasa por controlar o ritmo de partido, especialmente en dianteira, e levar o encontro a un territorio de baixa anotación e marcador pechado para facer un traballo de desgaste que se poida culminar no seu terreo de xogo. 
No plano deportivo, Maka Tatafu, o tongano máximo anotador de ensaios do equipo, é baixa para toda a eliminatoria. Hoxe non puideron viaxar Mauro González nin David Riveiro, pero o adestrador recupera a Carlos de Cabo para guiar á formación dende o posto de medio melé. 
Non obstante, o club buscou para esta eliminatoria contar co máximo apoio posible. O propio Tatafu e o presidente Xoán Martínez, viaxaron co equipo e na convocatoria entrou o veterán José María Fernández 'Chema', que tras unha tempada no segundo equipo, regresa ó primeiro coa intención de axudar nas fases estáticas coa experiencia, a altura e a forza. Toda axuda é precisa porque é a última eliminatoria para manterse na categoría.n

Te puede interesar