triatlón ironman kalmar

O Ironman de Kalmar, última oportunidade para Rodríguez

Gustavo Rodríguez.
photo_camera Gustavo Rodríguez.
 É o momento da verdade para Gustavo Rodríguez. O triatleta tudense adicou os últimos dous meses a prepararse para este momento: o Ironman de Kalmar, en Suecia, do vindeiro sábado (6:55 horas).
Rodríguez está ante a súa derradeira oportunidade de gañarse un billete para o Mundial Ironman, que celebrarase na cidade hawaiana de Kona o vindeiro 12 de outubro. Para acadalo somentes ten unha opción: gañar. O motivo é que na proba sueca so hai unha praza para Hawai, polo que ó tudense non lle queda máis remedio que levarse a vitoria se quere ser mundialista.
Non lle queda outra a Gustavo, que non puido garantir o seu sitio en Kona nas probas de Gales, onde finalizou terceiro, Sudáfrica (décimo terceiro) e Brasil, onde rematou en cuarto lugar. Por todo iso, preparouse a conciencia nos últimos dous meses, nos que participou en diversas competicións, con victorias en Logroño ou Gernika. Ademáis, Rodríguez estívose a preparar en corpo e alma para acadar o seu obxectivo. Longas sesións de natación, interminables roteiros enriba da bicicleta e kilómetros e kilómetros de carreira a pé cada día.
O plan para a competición en Suecia é o habitual e o segmento de natación voltará ser clave para o triatleta tudense. O obxectivo para Rodríguez, na especialidade que peor se lle da, é ceder a menor cantidade de tempo posible. A partires de aí, menos enerxías terá que gastar na bicicleta para alcanzar ós seus rivais. A idea é estar no grupo cabeceiro o antes posible no segmento de dúas rodas, para logo tratar de rematar a faena na carreira a pé. n

Te puede interesar