Atlántico

LISARDO PÉREZ. PRESIDENTE DE MEIRA

"Imos tomar medidas legais"

Lisardo Pérez.
Lisardo Pérez.
"Imos tomar medidas legais"
n n n Vai pasar bastante tempo ata que Lisardo Pérez deixe de estar amolado. O presidente de Samertolameu de Meira seguía a ter unha mistura entre xenreira e decepción polo acontecido o pasado venres, cando nunha Asemblea "feita a toda presa", a LGT anulou a Bandeira de Ares na que o bote local quedara sen puntos por unha aliñación indebida. Unha ducia de votos a favor, catro en contra e catro en branco. "O que non din é que oito clubes non nos presentamos", apunta Pérez. Así é. Oito entidades, a gran maioría da Liga A, entre eles Meira, Tirán e Mecos, non acudiron a Asemblea que permite a Ares liderar de novo a máxima categoría das traiñeiras en Galicia. Alomenos ata que se resolvan as accións que valoran emprender os dous clubes moañeses.
"Imos tomar medidas legais. O tema xa está en mans do noso avogado, que foi quen nos recomendou non tomar partido na Asemblea Xeral", explica o máximo mandatario de Meira, que desvelou que a entidade que preside enviou "exactamente a mesma carta" a tódolos clubes da Liga e a propia directiva da competición. Na misiva queda claro a intención de Meira de defender os seus dereitos pola vía que sexa necesaria. "Para que a ninguén lle colla de sorpresa", explica. 
De feito, Lisardo comunicoulle ó presidente da LGT a súa renuncia ó seu posto na xunta directiva. Unha sinal de honestidade antes de litigar contra a organización e de anoxo polo acontecido. Un enfado que comparten en Tirán, inda que no clube do Con preferiron non facer declaracións. n