Patinaje

A familia do patín vigués supera o milleiro

Unha parella realiza un número de dificultade ante o público das Travesas.
photo_camera Unha parella realiza un número de dificultade ante o público das Travesas.
Máis de 1.100 deportistas de todas as idades actuaron onte na pista principal das Travesas

Familia. Pode ser natural ou deportiva e, en ocasións, como a de onte nas Travesas, coincide. O Día do Patín -artístico neste caso- resultou unha verdadeira celebración de fin de curso das escolas municipais, pero que serviu para reunir a toda esa familia do deporte das catro rodas no principal pavillón da cidade. Ademais, ó grupo deportivo vigués uniuse, nesta ocasión, tamén a familia natural porque eles estaban nas bancadas, moitos cos teléfonos á punto, para captar o momento no que fillos ou netos amosaban a súa habilidade na pista nunha xornada maratón, con actuacións de mañá e de tarde. 

 

 

O colofón foi o pase de exhibición do grupo show júnior do Patinaxe Gondomar, vixente campión de Europa. Estiveron no recinto deportivo para despedir un acto con máis de 1.100 patinadores do Vagalume, Castrelos, Carpa Viqueira, Coruxo, Balaídos, Xiramos, Indalo e El Olivo. Todo o patinaxe vigués con máis de setenta actuacións dende os cativos que comezaron hai uns meses ata os que levan varios anos sobre as rodas e xa son todos uns expertos. 

Os aplausos foron constantes e serviron como o previo para os moitos adestramentos cheos de bos momentos, pero tamén dalgunha que outra caída. A patinaxe voltará pronto nas Travesas porque o 1 e 2 de xullo terá lugar do Trofeo Internacional Cidade de Vigo. Alto nivel tras o peche das escolas.

Te puede interesar