Vig-Bay

Elías exerce de profeta na terra do atletismo

La salida de la novedosa maratón reunió a más de 1.000 atletas populares a primera hora del día en Samil.
photo_camera La salida de la novedosa maratón reunió a más de 1.000 atletas populares a primera hora del día en Samil.

O atleta vigués acada a vitoria na primera edición da Vig-Bay maratón tras superar no sprint a Rubén Pereira, mentres que BeatrizFenández impúxose entre as mulleres

Un día para a historia dunha carreira e do deporte da cidade. Unha xornada de atletismo popular. Unha maratón por primeira vez ó chegar á vixésima edición na Vig-Bay. E, no cartel de inscritos, dous claros candidatos a vitoria. Un atleta dos míticos da proba, gañador nunha ocasión e que rematou todas: Elías Domínguez. O segundo candidato, un atleta da terra, sen vitorias, pero con título de finalizar en innumerables ocasións como primeiro atleta do Val Miñor na proba: Rubén Pereira. Dous homes da casa, coñecidos en todas as carreiras populares e cunha sólida traxectoria. Calquera dos dous era un gañador excelente para a extraordinaria maratón. Saíron xuntos e marcháronse do resto con celeridade, pero pasado o décimo quilómetro apareceu en acción Henrique Costa, para poñer picante no desenlace da proba e, tamén por que non dicilo, como 'o malo' que precisa unha boa historia. Representante das Aguias de Barcelos, chegou do sur de Portugal como alternativa. 


Por detrás, na categoría de mulleres, cunha participación algo baixa, apenas existiu a emoción. Se a cita masculina resolveuse no último dos 42 quilómetros, a de mulleres, no referente á primeira posición, foi un particular festival de honra para Beatriz Fernández. Case sen oposición, marchou como primeira dende o principio e na media maratón xa viviu o primeiro momento de honra en Samil cando os moitos atletas que quecían para a media maratón comezaron a animala con toda a forza do mundo. 


Por ese punto, pero uns minutos antes, viviron unha sensación similar Elías Domínguez e Rubén Pereira. Aínda que, neste caso, os dous atletas recibieron ánimos durante todo o trazado. En cada grupo de xente na beira da estrada sempre aparecía un coñecido que gritaba os seus nomes. Pola súa banda, Costa amosábase á expectativa e con menos gritos ó seu favor, menos cando cruzábase con algún compatriota, que tamén estaban no público. 


Chegado o quilómetro trinta de carreira, Elías Domínguez xa non disimulaba a intención de meterse detrás dos seus compañeiros para evitar a forza do vento, pero esa idea tamén a tiñan Pereira e Costa e, polo tanto, o intercambio de posicións era constante. O luso comezou a tirar pola zona de Canido e Nigrán, pero sen rachar a armonía do grupo. Pereira tentou cambiar nos escasos metros co vento no traseiro antes de Praia América, pero sen moita intención. Cada vez quedaba menos e as costas de Monte Lourido tampouco decidiron a maratón. Faltaban catro quilómetros, despois tres, dous... e tras máis de corenta e despois de dúas horas e media de carreira, íase decidir na recta de meta, onde o 'malo' cedeu un pouco e a gloria foi para un Elías Domínguez, que fixo bo o seu nome, e converteuse en profeta na súa terra, na súa carreira, ó gañar, dez anos despois da vitoria na media maratón, a maratón da Vig-Bay. Quedou na segunda posición outro histórico, un Rubén Pereira que tocou cos dedos chegar ó máis alto do podio por primeira vez no día máis especial de todos. A gloria eterna soamente podía ser para un. 


Detrás, completaron o trazado da maratón un total de 1.080 atletas, unha cifra notable con menos de 200 inscritos sen rematar e coa segunda posición en mulleres para Pilar Mahamud, que tirou de experiencia para adiantar a unha Lola Pérez Corvo que comezou máis animosa, pero pagou algo o esforzo.

Te puede interesar