vela semana abanca

Dous títulos para o Marítimo de Canido en augas da Ría de Vigo

Un momento da regata de onte na Ría de Vigo.
photo_camera Un momento da regata de onte na Ría de Vigo.
A Ría de Vigo acolleu onte a segunda e última xornada do Trofeo Concello de Vigo de vela, que se enmarca dentro da Semana Abanca.
O Marítimo de Canido, un dos clubs organizadores do evento, asinou dous títulos por un para o Náutico de Vigo.
A primeira vitoria para e entidade de San Miguel de Oia chegou na categoría Láser 4.7, destinada ós regatistas de menor idade. Carlos García obtivo a primeira posición por diante de Sofía Gaona, do Náutico de Vigo. En Láser Radial, o triunfo tamén quedou na casa coa vitoria de Pedro Fernández. Neste caso por diante de Jacobo Fernández (Gijón) e Jorge Cigarrán (León). 
Pola súa banda, na categoría de Láser Estandar, a vitoria recaeu en Jesse Jackson, do Cayman Island, que superou a Bruno González (Gijón) e a Denis Rodríguez, o primeiro galego na proba nunha disciplina que tivo un bo nivel de navegación en Vigo. 
Na clase Vaurien, o dúo formado por Pablo e Isabel Cabello, pai e filla, superaron a Paula e Paloma González e a Alberto Viejo e Alberto Moráis. Un podio no que todos os integrantes foron do Náutico de Vigo. A cuarta parella, formada por Toné Pérez e Ana Santirso, tamén representou ó club olívico. 
O cadro de gañadores pechouse con Jacobo García e Antoni Ripoll, do Naútico de Sanxento, que obtiveron a vitoria en 420. Nesta categoría, África Alonso e Helena Pérez Canal, do Náutico de Vigo, remataron cuartas.n

Te puede interesar