Copa do REI

"O que doía era ver os xogadores"

Os seguidores do Pontellas puideron facerse fotografías no campo antes do inicio do partido.
photo_camera Os seguidores do Pontellas puideron facerse fotografías no campo antes do inicio do partido.
Juan Manuel García saíu de Porriño o mércores ás 7:00 da mañá e volveu onte á mesma hora tras ver ó Pontellas
O Pontellas quedou eliminado na ronda previa da Copa do Rei ante o Tolosa o mércores nun partido que se decidiu cun solitario gol de Jon Elorza na segunda metade. Un gol de felicidade vasca e tristura para a gran familia do equipo porriñés, que realizou unha viaxe longa para "vivir un momento histórico para o club", expresa Juan Manuel García, pai do futbolista Michael e un dos seguidores que partiron o mércores ás 7 da mañá do Porriño para chegar ó campo do Berazubi ás 16:30 horas. "O que máis doía era ver a cara dos rapaces ó final do partido. Para nós foi un resultado duro, pero para eles foi peor porque tiñan moita ilusión", explica o seguidor. 
Despois tocou volver ó Porriño e chegar as 7:30 da mañá. Unha viaxe longa e que foi algo dura porque "ó perder, xa se sabe. Pero tivemos a sorte de que o tempo non foi malo e o trato do equipo local foi moi bo". A isto engadiu que "tamén levas a relación de ir con xente que coñecías de estar no campo, pero que non tiñas ese contacto tan próximo. Con tantas horas xuntos, sempre fas máis amizade". 
Durante o partido, tanto Juan García como o resto de seguidores do Pontellas explican que tiñan a sensación "de que podían facer gol en calquera momento. Atacaron de xeito continuo e chegaban ó área do rival, pero non puideron facelo. Por iso tamén fíxose un pouco máis complicado porque o vimos preto". Debido a isto, coa derrota chegou a decepción, pero queda a sensación de que "era un momento histórico para o Pontellas. Hai pouco tempo estaba en Primeira Autonómica e agora tivo a oportunidade de xogar esta eliminatoria da Copa do Rei. A verdade é que facíanos a todos moita ilusión e ata alí viaxamos familiares, pais, irmáns, curmáns e amigos dos xogadores para poder estar neste partido. Co tempo, a pesar da derrota, quedará o recordo e o feito, que xa é pera sempre". 
En todo caso, o seguidor non quedou nada contento coa actuación arbitral: "Non me gustou, parecía que tiñamos que marcar un gol moi claro ou non o daba". No capítulo de momentos a recordar estará "a propia afección do Tolosa, que moitos viñeron ó final para felicitarnos polo xogo realizado, que na Terceira División deles xogase máis ó balón en longo e o Pontellas xogou bastante ó fútbol".n

Te puede interesar