Invasión Celeste

Comesaña, un guía na invasión da choiva

Josué Moreno, do CAR Marisqueiro, comezou a proba a moita velocidade e, de feito, xa se situou na primera                                                 praza dende o comezo.
photo_camera Josué Moreno, do CAR Marisqueiro, comezou a proba a moita velocidade e, de feito, xa se situou na primera praza dende o comezo.
O atleta vigués, que acompaña a Susana Rodríguez nas competicións paralímpicas, e Fernanda Martín acadaron a vitoria na liña de meta situada en Balaídos 

Choiva durante onte a noite a na mañá. Feble, o tradicional orballo galego, pero que deixou húmidas as rúas, mollou ós corredores e tamén formou zonas de lameiro no paseo do Lagares por onde pasaban moitos metros da carreira Invasión Celeste, baixo o patrocinio de Fe Seguros.
O día tivo dous protagonistas principais na categoría masculina. Josué Moreno, do CAR Marisqueiro, saiu a fume de carozo para marcar o ritmo da proba dende os primeiros metros e rachar a carreira, pero foi Celso Comesaña o que tivo capacidade para seguir o seu ritmo durante moitos metros e, despois, facer o cambio de ritmo preciso para marcharse cara a vitoria nesa xornada de humidade. 

O atleta, que habitualmente fai de guía da paratriatleta Susana Rodríguez Gacio en atletismo, acadou a vitoria con certa comodidade e unha renda de oito segundos sobre o seu perseguidor, aínda que ó saír do paseo do Lagares a competición xa estaba completamente decidida. 
Por detrás, na loita por finalizar no podio, foi Pablo Carrera o que gañou a Alejandro Otero e Marcos Groba. O grupo de tres cruzou a liña de meta situada dentro de Balaídos a menos de dous minutos do gañador, pero moi lonxe. 

Na categoría feminina, viviuse unha proba marcada pola igualdade porque María Fernanda Martín (Val Miñor) e Noemí Gómez (Mais que Auga) estiveron separadas por sete segundos. Unha renda escasa pero suficiente. Completou o podio Elena Conde, do Tri-Penta Terras de Lugo, que tamén foi a primeira corredoira en idade sub-23. En homes estableceuse unha categoría sub-20 con triunfo para Pablo Lafuente Viñas.

Pouco a pouco foron cruzando a liña de chegada os diferentes participantes ata alcanzar a cifra de 336 corredores que completaron a proba de adultos realizada sobre 7.000 metros, con chegada e saída en Balaídos, pero con moitos metros pola senda do Lagares. Precisamente, debido ó auga caída, algúns corredores tiveron que sortear os charcos e as zonas de lameiro que, co paso continuo dos atletas, foron formándose. 

Antes da celebración da competición de adultos, o día comezou coas carreiras dos 'Chiquiceltas', no interior do campo e sen clasificacións. A continuación, a partir das 11:30 horas, disputáronse as probas competitivas de nenos cun total de 199 cativos entre todas as carreiras. 

Uns chegaron máis mollados que outros ata a liña de meta, pero moitos deles o fixeron cos ánimos de familiares, que esperaban nas bancadas para dar un impulso ós rapaces.

Te puede interesar