Deporte local

Chapela mete a nove barcos no Galego e obtén dúas vitorias

Deporte local

bateis cto. territorial sur

Chapela mete a nove barcos no Galego e obtén dúas vitorias

Os bateis de Chapela asinaron unha boa actuación en Moaña.
photo_cameraOs bateis de Chapela asinaron unha boa actuación en Moaña.
 As augas da parroquia moañesa de Meira acolleron onte o Campionato Territorial sur de bateis coa participación de case trescentos remeiros en 58 embarcacións e que, como é habitual, serviu de proba clasificatoria para o Galego, que se disputa a vindeira fin de semana na Pobra. 
No apartado por entidades, destacou a actuación do club de Chapela, que meteu a oito tripulacións no certame autonómico e, ademais, obtivo dous vitorias. A primeira chegou na categoría sénior feminina tras una regata de gran nivel, na que a segunda posición foi para o barco local de Samertolameu e a terceira para o vigués de Virxe da Guía. O seguinte triunfo do club do paseo de Cardona foi para o batel infantil masculino. No seu caso, por diante de Amegrove e Vilaxoán. 
Entre as entidades da Ría de Vigo tamén destacou a actuación de Samertolameu e Tirán Pereira. Os remeiros do club de Meira obtiveron ata cinco prazas no Campionato Galego con vitoria na categoría infantil feminina. Pola súa banda, o club veciño do Con clasificou a catro botes para o certame autonómico e tamén sumou un triunfo, neste caso, por medio das rapazas xuvenís. 
Pola súa banda, Virxe da Guía tamén asinou unha boa xornada ó gañar en alevín masculino e meter o seu batel sénior de mulleres no Galego. Os títulos autonómicos póñense en xogo a vindeira semana con sesión clasificatoria o sábado e finais o domingo. Todo isto no mes de setembro tras adiarse a data orixinal, na primavera, pola pandemia da Covid-19.

Más en Deporte local
Comentarios