Atopar un lugar bo e sen agobios en Samil pode ser un exercicio de dificultade nos meses de verán en Samil. E, se falamos dunha mesa, a cousa xa é imposible. Pero onte, os espazos reducidos foron diferentes, tiveron que ver co deporte, coa competición atlética da Carrreira Praia de Samil Memorial Alfonso Varela. Os 673 corredores que completaron a proba encheron ó areal na primeira hora dun día solleiro de maio para formar unha ringleira desas longas, case infinitas de camisetas de cores rechamantes sobre a praia e co azul de fondo. Todos misturados cos primeiros bañistas da mañá, os valentes da auga fría e que escapan da masa e viviron un día de inusual tráfico.
Quizáis pola multitude ou, máis ben, pola dificultade de avanzar no terreo de area, a proba tardou en decidirse e a distancia entre os primeiros resultou escasa, moito máis pequeno do habitual nas carreiras do certame Run Run Vigo. Carlos Enrique Gutiérrez superou en case sete segundos a Xosé Pérez Blanco con Martín Barreiro e Jesús Fernández completando o grupo de catro corredores que cruzou a liña de chegada en menos de 13 segundos. Emoción para decidir a vitoria.
En mulleres, Sofía Freaza amosou que este ano recuperou un bo momento de forma e gañou a proba, aínda que Noemí Álvarez presentou unha boa oposición. María Ferreiro trocou onte o monte pola praia para ser terceira e superar á céltica Cristina Estévez, cuarta.
Tras a carreira de maiores, chegaron as de pequenos, de menor distancia e tamén moita emoción, mentres o sol quentaba máis e a praia gañaba adeptos.