atletismo

Na busca do milleiro de atletas

La presentacion del Medio Maratón esta mañana
photo_camera Abel Caballero, alcalde de Vigo, encabezou onte a presentación da Media Maratón de Vigo.
A Media Maratón de Vigo estrea percorrido e organizador o domingo na procura de alcanzar os mil competidores 

Trocar cousas para buscar a fórmula perfecta. A Media Maratón de Vigo estrea este domingo organización e tamén percorrido coa misión, a curto prazo, de alcanzar o milleiro de participantes e, no medio, de consolidar unha proba no calendario que nas últimas tempadas e o particular río Guadiana do calendario atlético popular. 
De feito, a primeira edición realizouse no ano 1984 e mantivo certa continuidade ata preto do 2000, pero desapareceu ata que Javier Álvarez Salgado optou por recuperala en 2013. A última edición foi en 2017 e, tras trocar de organización, a xestión pasa agora á empresa Diesemm, pero Álvarez Salgado e a súa familia continúan traballando na mesma e, de feito, levan o sistema de cronometraxe. Tras anuncios e trocos de datas, este domingo partirá o pelotón dende O Vao para chegar á rúa Montero Ríos nun percorrido variado e, fundamentalmente costeiro, pero que terá algún que outro desnivel, especialmente nos primeiros quilómetros da cita. 

20191117 media Vigo2

A presentación oficial da proba realizouse onte coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e membros da organización. Nese punto desvelouse que a idea que manexan para o domingo é superar o milleiro de participantes, aínda que onte a cifra estaba nos 800. A través da plataforma online laptime.es estará aberta ata o sábado, se ben as persoas que se anoten esta semana non terán camisola conmemorativa do evento. 

En todo caso, a proba de media maratón sobre 21.097 metros é o evento principal, pero tamén existe a opción de cubrila en relevos de dúas persoas ou de catro e, incluso, de facer unha proba paralela de 10.000 metros que neste caso sairá dende Samil unha hora máis tarde, ás 11:00. 
A participación aínda non está pechada e o prognóstico preséntase moi aberto ó non comparecer na cita os atletas que ocuparon as primeiras prazas do certame Run Run Vigo. Iso si, na categoría feminina si está una deportista ilustre, pero fóra do seu ámbito porque anotouse na proba a marchadora do Atletismo Feminino Celta Mar Chillón, actual oitava de España de 10.000 marcha. 
"Estou en pretempada e é unha boa forma de facer fondo. Gustoume o percorrido e xa fixen a media de Pontevedra este mes e agora tamén anoteime a esta de Vigo. Na pretempada véñenme ben", explica a atleta. Non obstante, asegura que a súa intención non é gañar a proba, pero debido a súa capacidade como deportistas todo indica que pode estar na parte dianteira. "Non vou gañar nin moito menos, vou divertirme e gozar coa carreira. Nestas competicións, como vai moita xente, cos metros vaste animando. A intención é baixar a miña marca en media maratón, será a cuarta que realice, pero sen presión e sen estar moi pendente do reloxo, por sensacións", explica a marchadora canguesa. 
Aínda así, o pasado sábado rematou cuarta na San Martiño de Bueu, unha proba que non se adaptaba ás súas condicións debido a que era un percorrido curto. Deste xeito, todo indica que na media maratón pode facer un papel destacado nun percorrido "que ten algunhas costas, que a min gústanme. Tamén vai preto do mar, o que fai o trazado entretido e por isto apunteime". 
Terá momentos para gozar da paisaxe Chillón, pero tamén outros chás e de moita velocidade. O inicio é no Vao e sairá cara Canido e as proximidades de Cabo Estai, onde volverá ata Samil e, a partir de aí, tomará a ruta da costa, pero cuns metros de rueiro polo interior de Bouzas. A continuación será o treito de maior velocidade con todo o paso pola Avenida de Beiramar e, como sorpresa, polo interior do túnel, coas súas entradas e saídas en costa. A do treito subterráneo será pola 'paellera'. 
Onte o número de inscritos estaba a punto de alcanzar os 800. 621 anotáronse á media maratón, 51 ás probas de relevos e 121 á carreira de 10 quilómetros. Aínda lonxe do milleiro, pero con opcións de alcanzar esa cifra.n

Te puede interesar