challenge cup

A bancada estivo ruidosa, aínda que lonxe do cheo

Sempre e Valero, que realizaron unha gran defensa, falan nun instante do partido de onte.
photo_camera Sempre e Valero, que realizaron unha gran defensa, falan nun instante do partido de onte.
Unhas 400 persoas acudiron ata A Sangriña para apoiar ó equipo
O Thun tivo unha dobre sorpresa na eliminatoria ante o Mecalia Atlético Guardés. A primeira viviuna hai oito días no seu pavillón, cando estiveron nas bancadas unha trintena de seguidores do club da Guarda para seguir o partido de ida. A segunda foi onte ó comprobar o magnífico ambiente vivido no pavillón da Sangriña. A pista do Baixo Miño, coa xa famosa peña O Inferno, é unha das máis quentes de España e onte o volveron amosar, a pesar de que a eliminatoria estaba bastante decidida tras o 17-25 do encontro de ida. O número de espectadores non foi o de ocasións anteriores e o cheo estivo lonxe –xa que os abonados tiñan que pagar suplemento– pero unhas 400 persoas acudiron ó partido e animaron dende moito antes do comezo ata o final. E, como é costume na Guarda, 'O Inferno' realizou as fotografías de rigor e para o arquivo histórico co opoñente.n

Te puede interesar