challenge cup

Baixo Miño polo mundo

O Mecalia Guardés posa coa afección que acudiu ó pavillón de Thun no encontro de onte.
photo_camera O Mecalia Guardés posa coa afección que acudiu ó pavillón de Thun no encontro de onte.
O Guardés estivo apoiado por case unha trintena de afeccionados, que residen en Suiza e foron a ver o encontro
A emigración marca ó pobo galego. Sucedeu no século XIX, tamén no XX e, a pesar do paso do tempo, tamén no actual XXI. Onte, na cidade de Thun, no cantón suízo de Berna, amosouse que a colonia de Galicia no exterior continúa a ser numerosa. Probablemente, máis do desexado. E, neste punto de Europa, xúntase un grupo procedente do Baixo Miño e "cando saíu a eliminatoria, xa comezamos a movernos para ver o partido. Moitos pediron o día para poder ir", asegura Gemma Álvarez, unha das seguidoras que onte apoiou ó Guardés. Ata o pavillón acudiu co seu pequeno, Mauro Lomba: "Para nós é un orgullo que os nosos fillos sintan emoción con este partido e que non esquezan as súas raíces". De feito, o pequeno Mauro, coa camisola da peña Os Jomas –grupo oficial de apoio ó Acanor Novás rosaleiro– foi un dos seguidores que apoiou ás rapazas do Mecalia Guardés. 
Gemma Álvarez expresa que o grupo reunido onte en Thun procedía de diversas poboacións do cantón de Berna, como a capital ou Meiringen. "Estamos aquí por traballo. Hai xente de toda Galicia, pero moitos do Baixo Miño. O noso corazón está na terra", reflexiona. Deste xeito acudiron a ver a un Mecalia Atlético Guardés que onte atopou un apoio inesperada nunha fermosa localidade do centro do país helvético, situada no val e á beira dun dos moitos lagos da zona. Os cumios ó redor xa estaban con neve, pero o calor galego da emigración chegou para empurrar ata a vitoria ás xogadoras da formación do sur de Galicia. A versión deportiva da morriña pola terra trasladada ó balonmán.n

Te puede interesar