atletismo

Azul ventoso e de primavera

A proba comezou ás 10:00 horas e finalizou 75 minutos despois, tras rematala un total de 535 corredores despois de cubrir 10.000 metros por Samil e O Vao.
photo_camera A proba comezou ás 10:00 horas e finalizou 75 minutos despois, tras rematala un total de 535 corredores despois de cubrir 10.000 metros por Samil e O Vao.

Amadeo Abal e María Casaleiro gañaron unha 10K de Samil marcada polo sol e o vento do norte con 535 atletas

O sol de primavera golpeaba ós atletas nas inmediacións da praia de Samil. O despertar dun deses días soleados, nos que a Ría de Vigo resplandece cun azul vivo e as Illas Cíes parecen máis cerca que nunca. Semellaba a xornada de praia perfecta, pero tanta claridade sempre chega con truco porque é o vento do norte, frío e seco, o que limpa tanto o ambiente e tamén condicionou a carreria 10K de Samil, que dende o ano pasado podería chamarse Samil-O Vao porque o percorrido une estas dúas emblemáticas praias de Vigo. 
O percorrido é algo máis duro que nas primeiras edicións da proba, pero gañou en beleza e onte o vento puxo da súa parte para frear un pouco máis ós corredores. Porque dende o quilómetro catro ata pasado o oitavo golpeaba a cara e o peito de todos os atletas para frear o seu avance. Aínda así, o pequeno cambadés Amadeo Abal, de 23 anos, xa tiña decidida a proba porque na zona de Coruxo rematou por descolgar a Dani Bargiela. O representante do Verxel Nutrición Deportivo saiu coa vitoria na mente e puxo un ritmo forte dende o principio para marcharse en solitario. A terceira posición foi para Rubén Pereira, que cedeu antes do segundo quilómetro. 
A feminina, moi aberta ó non estar na saída as corredoras do área de Vigo de maior traxectoria, resultou un carrusel de emocións. Neste caso, non sería ata pasado o quilómetro seis e xa na Avenida de Samil cando María Casaleiro, tras saír algo máis conservadora, pasou a Noemí Gómez. Por detrás, tamén de menos a máis, Lili Álvarez, filla do organizador da competición, Javier Álvarez Salgado, subiu ó podio tras unha fermosa remontada. 
Por detrás, outros moitos atletas, todos co seu mérito, ata un total de 535 que completaron a carreira nun día con condicións inmellorables para o atletismo popular.n

Te puede interesar