Invasión Celeste

Atletismo para toda a familia, dende os pequenos ós maiores

Os cativos inician a carreira nunha das probas de categorías inferiores.
photo_camera Os cativos inician a carreira nunha das probas de categorías inferiores.
Os nenos menores de seis anos foron os primeiros en mollarse
O día de atletismo en Balaídos estivo marcado pola choiva e tamén polo ambiente familiar, a principal característica da Invasión Celeste xa que os primeiros en correr son os menores de seis anos pola recta de Balaídos nunha traxectoria similar a cando o lateral, nos últimos anos Hugo Mallo, ten que chegar dende a defensa ata o ataque. 
Nestas carreiras de pequenos, que se organizan por quendas, sempre hai algunha que outra caída entre os empurróns. Onte, debido a choiva feble, os cativos ían con máis capas de roupa das habituais, pero non mudaron os ánimos chegados dende as bancadas. 
A partir das 11:30 horas chegou o momento do segundo chanzo de idade de participantes, os nenos que xa compiten con chip e en busca dun bo posto. Estes tiñan percorridos de 1.000 metros cunha volta ó redor do campo e chegada no interior. E, por último, pecharon a xornada os maiores que, como corresponde á idade, foron os que máis se mollaron e menos ánimos recibiron.n

Te puede interesar