ATLETISMO

Atletas mollados por unha boa causa

A Alameda de Bouzas acolleu a saída e a chegada da Carreira Solidaria pola Esclérose Múltiple.
photo_camera A Alameda de Bouzas acolleu a saída e a chegada da Carreira Solidaria pola Esclérose Múltiple.

A Carreira Solidaria pola Esclérose Múltiple xuntou en Bouzas a 675 corredores con vitorias para Rubén Pereira e María Isabel Martínez

Un pouco de auga, moita vontade e atletas populares na carreira solidaria pola esclérose múltiple disputada onte polas rúas da zona de Bouzas e sobre dúas distancias, unha proba de máis de dez kilómetros e outra de algo máis de cinco. 
Na distancia longa (10.800 metros) domiñou Rubén Pereira (Athlectic Smoöy Team) con moita claridade e avantaxou en máis dun minuto na liña de chegada a Rubén Pérez (Castrelos 20:30). O terceiro posto foi para César Pérez (Atletismo Porriño). Nesta proba a categoría femenina viviu a primeira praza de María Isabel Martínez (Veteranos de Samil), que aventaxou en case medio minuto a Mari Carmen Costas (Val Miñor), mentres que Marta Rodal pechou o podio. 
A carreira curta (5.400) constaba dunha única volta o percorrido e tivo a Juan Carlos Sande (Atletismo Beade) como o máis rápido. No segundo lugar entrou o seu compañeiro de clube Pablo Figueroa e terceiro rematou Alberto Ces. Entre as mulleres destacou a gran actuación de Ana María Alonso (Atletismo Beade), que rematou na undécima posición global e adiantou en cinco minutos á seguinte, Eva Durán. No terceiro posto cruzou a liña de chegada Paula Blanco.n

Te puede interesar