CICLISMO CTO. GALEGO

Aser e Aída, campións

Aser Estévez, Aída Valiño e Xoel Días, do Rías Baixas.
photo_camera Aser Estévez, Aída Valiño e Xoel Días, do Rías Baixas.

 O Club Ciclistas Rías Baixas logrou un dobrete a pasada fin de semana no Campionato Galego de contrarreloxo ó impoñerse na categoría masculina por medio de Aser Estévez e na feminina con Aída Valiño.
O guardés Estévez é o maior especialista da modalidade en Galicia e amosouno con claridade en Sandiás, localidade que acolleu a proba. Ademais, Xoel Días obtivo a terceira posición na categoría sub-23.
Entre as mulleres, a triatleta Valiño amosou o seu bo punto de forma tras superar un accidente de tráfico o pasado mes de abril e acadou a súa primeira vitoria despois do periodo de convalecencia. Polas estradas ourensás, a ciclista do Rías Baixas foi claramente superior ó resto de participantes e gañou cunha cómoda renda.n

Te puede interesar