vigo

Volve unha Primavera de Cine cada vez máis consolidada

Juan de Castro e Celeste Conde, onte na presentación de Primavera de Cine.
photo_camera Juan de Castro e Celeste Conde, onte na presentación de Primavera de Cine.

 Juan de Castro, director do festival Primavera do Cine presentou onte a oitava edición do certame, que se celebrará do 30 de abril ao 5 de maio, aínda que as actividades previas comezaron este luns con “Viva Cuba”, unha retrospectiva do cinema cubano organizado con motivo do 60º Aniversario da Revolución.
A sección oficial proxectaranse no Auditorio municipal, con dez longas; no Instituto Camões e no Marco, con 34  curtas e os 19 videoclips, no Espacio Mahou en Progreso 41.
A gala de inicio, que terá lugar no Calvario o 1 de maio ás 21 horas, incluirá a entrega da mención honorífica a un dos grandes impulsores do audiovisual galego, Manolo González tamén a proxección de “No intenso agora”, un filme da sección oficial.

Te puede interesar