vigo

A viguesa Xisela Franco exhibe o seu cine en Londres

Xisela Franco.
photo_camera Xisela Franco.

 A viguesa Xisela Franco exhibíu onte a súa cortametraxe “Adat” en Londres. Codirixido con Noe Rodríguez, proxectouse dentro do festival Galician Film Forum (GFF) na escola de cine London Film School.

 O evento consistíu na proxección de tres documentais dirixidos por cineastas galegos. Así, xunto a curta de Franco e Rodríguez, visualizáronse a longametraxe “N VI” de Pela del Álamo e a tamén curta “Pettring”, de Eloy Serén.
A segunda edición do GFF é unha colaboración con I berodocs, o festival de documental
iberoamericano que ten lugar entre o 14 e o 24 de maio en Edimburgo e Glasgow. O programa está composto por producións en portugués e castelán, ademais de títulos galegos recollidos no bloque bautizado “Focus on Galicia”, entre os que están os presentados do GFF.n

Te puede interesar