vigo

Sondeseu iniciou a súa xira outonal en Valadares

A orquestra Sondeseu, durante o seu concerto no centro veciñal de Valadares.
photo_camera A orquestra Sondeseu, durante o seu concerto no centro veciñal de Valadares.
 Rematados os concertos de verán, a orquestra folc galega SonDeSeu inicou onte a súa xira de outono con concerto no Centro Veciñal de Valadares. Baixo o patrocinio do Concello de Vigo, a turné continuará polos centros culturais do rural vigués, nun esforzo por descentralizar a oferta cultural.
Así, vindeiro xoves, día 17, actuará en Beade; mentres que o seguinte, o día 24, tocaralle a quenda a Matamá, para finalizar o mes, o xoves 31 no Helios de Bembrive.
Sondeseu xordíu no abeiro da Escola Municipal de Música Tradicional, a E-Trad, e está composto por profesores e alumnos da mesma. É a primeira iniciativa europea de reunir nunha mesma agrupación os distintos instrumentos de música folc.

Te puede interesar