DIEGO ESTEBO Ilustrador da nova edición da “Esmorga”

“Quixen fuxir do nostálxico porque ‘a esmorga’ é un texto moi actual, visceral”

Diego Estebo, coa nova edición de “A Esmorga”, de Blanco Amor.
photo_camera Diego Estebo, coa nova edición de “A Esmorga”, de Blanco Amor.

nnn  Diego Estebo (Barcelona, 1982) iniciou a súa formación en deseño en Vigo, en Aula D. Tras unha tempada en Madrid, retorna á terra e acepta unha encarga moi especial, ilustrar a nova edición de “A Esmorga”, cando se cumplen os cincuenta anos da primeira que publicou Galaxia en Galicia. Un traballo atrevido e innovador do que falou para Atlántico.

Que pensaba de “A esmorga” cando lle propoñen o traballo?
Lín o libro porque mo mandaron no instituto. Impactoume, era a primeira vez que abordaba unha novela con esa temática, tan sórdida e con personaxes tan marxinais. Agora cando o volvín coller para o ilustrar, con máis ferramenntas para o valorar, aínda me impresionou máis polo atrevido.
Aínda que o seu estilo é moi recoñecible, aquí semella ser máis expresionista.
Leveino un pouco ao extremo. Adoito combinar collage con pinturas e técnicas dixitais. Foi unha oportunidade para levar o meu estilo ata o extremo, porque realmente o texto o pide. É visceral, escuro. Quería facer todo o contrario a un traballo conservador, algo transgresor. 
Pesaban os cincuenta anos da publicación á hora de ilustrar?
Quixen fuxir do nostálxico porque é un texto moi actual. É tentador usar sepias ou ocres como algo que acontecerá hai tampo. Pero a miña intención foi ao revés, traer o suceso á actualidade.
Fronte a tanto expresionismo destaca a primeira ilustración, case bucólica.
Unha das cousas boas que “A Esmorga” é que ten tanto de local como de universal. Podía ter pasado en calquera aldea de Xapón, pero por outro lado ten un carácter moi galego. Para min era importante situar a historia no mapa dende o comezo. Unha simple composición cun hórreo  e unhas cores determinadas (verde, azul) xa basta para o identificar.n

Te puede interesar