Poesía, música e erotismo con Carvalho Calero na Deputación

A Deputación presentou a programación das Letras.
photo_camera A Deputación presentou a programación das Letras.
n n n A Deputación celebrará oficialmente as Letras Galegas 2020 cunha programación que ‘percorre’ a Carvalho Calero, o autor homenaxeado neste ano, con poesía, música e erotismo. Así o asegurou hoxe a deputada de Lingua María Ortega ao dar conta das actividades previstas para os vindeiros 21, 23 e 30 deste mes e que se celebrarán tanto no Museo de Pontevedra como na Sede da Deputación en Vigo.
Ortega destacou que algunhas das iniciativas serán unha “grande sorpresa” que xerarán moita expectación por ser moi novidosas, a pesar do que será obrigado manter restricións de aforo e solicitar convite para asistir.  “Queremos poñer en valor a figura de Calero, a súa relevancia, e dar a coñer a súa persoa, o seu pensamento e a súa obra”, indicou.  
Sobre a programación, Ortega explicou que o vindeiro mércores 21 ás 20 horas haberá un concerto do grupo Xardín Desordenado. O integrante da banda Isaac Garabatos explicou que centrarase no descubrimento do sentido poético de Calvalho Calero, ao que cualificou como “directo e emocionante”. 
O seguinte evento será o venres 23 na Deputación en Vigo ás, onde se presentará o libro ‘Carvalho Calero sen Fronteiras’, de Aser Álvarez. O propio autor explicou que ‘Arraianos Producións’ realizou un traballo audiovisual sobre Calero que se emitiu na TVG e que deu lugar a unha ‘criatura’ que pretende homenaxear a quen eles definen como un dos autores “máis inxustamente descoñecidos pola súa independencia”.  Trátase dun libro no que se recollen os textos, imaxes e a propia visión de Calero, un percorrido pola vida do autor, “un home que foi un resistente ata o final”. A presentación contará coa música de Moisés Quintas, que acompañará unha pequena parte musicada de poemas e audiovisuais.
Pola súa parte, Elvira Jardón, integrante do colectivo ‘O fruto e a serpe’ explicou o espectáculo  no Museo de Pontevedra o venres 30 ás 20 horas, proxecto difícil de clasificar por ser un híbrido entre un recital, un concerto e unha tertulia. n

Te puede interesar