vigo

A pegada de Vigo na Cidade da Cultura

A estela funeraria do século II e a crátera de Toralla son do Museo de Castrelos; o ungüentario, no Museo do Mar
photo_camera A estela funeraria do século II e a crátera de Toralla son do Museo de Castrelos; o ungüentario, no Museo do Mar
 A exposición “Galicia, un relato no mundo”, comisariada por Manuel Gago, acolle varias pezas procedentes de museos vigueses da Antigüedade, a Guerra de Independencia e dos movementos migratorios contemporáneos
nnn “Galicia, un relato no mundo” é a primeira das tres grandes exposicións con motivo Xacobeo 2021. Das máis de 300 pezas que conforman a mostra, varias proceden de museos de Vigo. Comisariada por Manuel Gago, pretende examinar o papel das diferentes culturas e os eventos históricos que conformaron a historia e a identidade galega. 
Na primeira sala destacan a estela funeraria de Dionisio e Ampelo, datada entre o século II e III d. C, que se atopa na sección de arqueoloxía do Museo da Castrelos.
Un pouco posterior, entre o século III e IV d. C, atópase a crátera de Toralla, unha peza que xa se mostrou no Verbum, durante a mostra “Emporium” e que tamén se conserva en Quiñones de León.
Outro dos achádegos arqueolóxicos mais populares da cidade, o ungüentario bizantino identifícas máis adiante. Atopada nunha excavación en Areal no 2002, a peza, que non é única das mesmas características como se puido comprobar tamén en “Emporium”, pero protagonizou unha disputa entre administracións ao ser levada a Santiago e a súa posterior reclamación dende Vigo por parte da asociación Amigos de los Pazos, chegando aos tribunais. Agora custódiaa o Museo do Mar.
Na sección da Guerra da Independencia, Vigo ten un protagonismo silencioso. Non se menciona a reconquista, sendo a primeira vila que botou aos franceses e inspirou unha festa, recén declarada de Interés Turístico Nacional. Aínda así as principais pezas que se expoñen son do Museo de Castrelos: a alarma do Val do Fragoso e o sable do mariscal Soult, quen precisamente saíu victorioso na batalla de Elviña, a única que narran na exposición, pero foi vencido no sur.
Finalmente, a importancia de Vigo reflíctese tanto como porto de saída da migración como porta de fuxida dos xudeos durante a Segunda Guerra Mundial e un dos puntos centrais da espionaxe nazi e británica.
Estas pezas viguesas comparten protagonismo coa biblia de Kennicott, a primeira xudea impresa na Coruña en 1476 que chegou dende Oxford ou coa “Santa”, de Asorey, realizada polo escultor en 1926 e que foi mercada pola Casa de Galicia en Montevideo, cara a onde saíu dende Vigo en 1951.
Tamén se atopan en Gaiás o libro das Invasións, procedente de Dublín, onde aparece por primeira vez da lenda de Breogán; o mapa de Sawley del siglo XII coa situación do reino de Galicia e dous Códices Calixtinos, do Vaticano e Salamanca. O guerreiro del Lesenhe, da Idade do Ferro, procendente do museo de Lisboa, pecha a lista das pezas máis importantes da exposición.n 

Te puede interesar