VIGO

Pecha a única libraría adicada á literatura galega e lusa en Vigo

 “O peche dunha libraría sempre é unha nova triste porque se perde un anaco da nosa cultura”. Así valorou onte o anuncio de peche de Andel, Xurxo Patiño, o presidente de Agrupación de Libreiros de Vigo. 

Andel atópase en Camelias, 102, onde empeza a liquidar para a semana.
Andel atópase en Camelias, 102, onde empeza a liquidar para a semana.
Pecha a única libraría adicada á literatura galega e lusa en Vigo


“Non é unha situación de onte, xa vimos arrastrando perdas dende 2015”, indicou Xaime Nogueira, que xunto a súa irmá rexenta Andel. Especializada en literatura galego e portuguesa, comezou a funcionar na súa versión dixital en 1997 sendo a primeira plataforma deste contido. Dous anos despois abría a primeira sede física en Lugrís, para trasladarse a Camelias, 102 en 2013.

Onte, coincidindo co Día Internacional da Lingua Materna anunciou no seu twitter o peche. A vindeira semana comenzará a liquidación dos fondos bibliográficos e discográficos ata o 30 de marzo. “Continuaremos co Andel Virtual porque temos coleccións únicas á venda como os exemplares de ‘A Nosa Terra”, “Grial” ou publicacións de O Castro, do que non disporemos xa é de novidades literarias”, apuntou Nogueira. O vindeiro sábado, 2 de marzo, acollerá a última sesión de contacontos infantis.
Para Patiño, o preocupante no sector “non só é que pechen libraría, senon que abren moi poucas”. Sinala que a crise que afecta a todo o pequeno comercio agrávase no seu sector por falta de apoio das administracións coa política de reutilización dos libros de texto ou a reducción nos orzamentos das bibliotecas, amáis dunha falta de fomento da publicación en galego.n