O Parlamento galego lembra a figura de Celso Emilio Ferreiro

Isabel Blanco, Alonso Montero, Víctor Freixanes, Miguel Santalices, Valentín García, Ramón Nicolás e Luis Ferreiro.
photo_camera Isabel Blanco, Alonso Montero, Víctor Freixanes, Miguel Santalices, Valentín García, Ramón Nicolás e Luis Ferreiro.
A Cámara acolle unha homenaxe con motivo do 40 aniversario do pasamento do poeta celanovés
Con motivo do 40 aniversario do falecemento do poeta galego Celso Emilio Ferreiro, o Parlamento de Galicia celebrou onte un acto de homenaxe, no que varios alumnos do IES Castelao de Vigo e o IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova (localidade natal do poeta)  leron algúns dos seus poemas O acto foi conducido pola presentadora e actriz Isabel Blanco, Premio Casa dos Poetas 2019, que definiu a Ferreiro como “unha das figuras imprescindibles da cultura galega”, cuxo pensamento “tivo sempre como vértice Galicia, as súas xentes, cultura e lingua”..
O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, que pechou o ceremonial, subliñou que “nada do que acontece en Galicia, ningunha corrente de pensamento, ningún feito histórico, literario, social ou cultural debe resultar alleo ao Parlamento de Galicia, a casa de todas as galegas e galegos”. Por esta razón, argumentou Santalices, “xornadas coma esta, que conmemora o 40 aniversario do pasamento de Celso Emilio Ferreiro, son e serán sempre benvidas nesta institución, máxime tendo en conta que somos en gran parte debedores do traballo, do sufrimento, da incomprensión e do infinito talento de figuras como a que hoxe homenaxeamos”.
A homenaxe celebrada no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia contou tamén coas intervencións do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; o profesor Ramón Nicolás, biógrafo de Celso Emilio Ferreiro;  e o académico e ex-presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero “un dos grandes sabios da nosa tribo”, en palabras de Santalices.
Á súa vez, por parte da familia interviron un bisneto e o fillo de Ferreiro e presidente da súa Fundación, Luís Ferreiro  Louredo, que quixo render homenaxe ao seu pai lendo unha conferencia do ano 1973, titulada “ Minha patria primordial”.n

Te puede interesar