VIGO

Palabras como bicos polo aire

MIguel Ángel Alonso.
photo_camera MIguel Ángel Alonso.
Diego Giráldez iniciou nas redes o cancelo #Corentenaliteraria que xa supera os 25 autores

 As palabras como bicos de papel, as palabras escritas que os propios autores len en alto para compartir. Esa foi a idea coa que Diego Giráldez está a implicar non só aos escritores galegos, senon tamén aos lectores e aos críticos. “O que máis me emociona é comprobar como funciona máis alá do imaxinado”. Así, co cancelo #CorentenaLiteraria, os autores len a súa obra, pero tamén os lectores comparten os seus escritos favoritos ou os críticos como Ramón Nicolás as súas análises.

“Sorpréndeme a boa acollida que tivo e que segue a medrar, comezou case como unha reacción ante o aburrimiento do peche, despois de ver un tuitter da miña amiga a actriz Neves Rodríguez no que etiquetaba a portada dun libro que lle gustara, tomeille o cancelo para utilizar a cultura como un mero entretemento neste días de confinamento”. Foi entón cando Giráldez invitou aos seus colegas de letras a participar con lecturas abertas dos seus libros nunha convocatoria que remataba enviando “bicos de papel”. O primeiro en tomar o testemuño foi o vigués Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Xuvenil e Infantil, que recitou cinco dos seus poemas. Só nunha semana  xa alcalzaron os 25 autores, entre os que están Francisco Castro, Iolanda Zúñiga, Yolanda Castaño, María Xosé Porteiro, Miguel Ángel Alonso, Beto Luaces, Emma Pedreira ou Arantza Portabales, entre outros.

O gusto por escoitar aos propios autores e a curiosidade por os ver na súa contorna persoal propiciaron centos de visitas ao facebook co cancelo #CorentenaLiteraria.

Diego Giráldez cumple co confinamento dende a súa casa de Porriño. Compaxinando a vida familiar máis intensa coa laboral, na que prepara unha nova novela e un proxecto con Galaxia.

El confinamiento por el coronavirus en Vigo37

Diego Giráldez. comezou a serie coa lectura dun fragmento de “hotel para coleccionistas discretos”

El confinamiento por el coronavirus en Vigo36

Antonio García Teijeiro tomou o relevo e gravou a lectura de cinco poemas recollidos en “Poemar e o mar”

El confinamiento por el coronavirus en Vigo35

Iolanda Zúñiga. recitou “afecto”, un texto escrito para unha intervención no encontro ‘muyeres fest’, de oviedo

El confinamiento por el coronavirus en Vigo34

Beto Luaces. sumouse coa lectura dun fragmento de “un lugar do común”, o primeiro título da serie  de novela negra vicus

El confinamiento por el coronavirus en Vigo33

MIguel Ángel Alonso. adicou a súa intervención a ler un poco do conto de literatura infantil “Música no faiado”

El confinamiento por el coronavirus en Vigo32

A dramaturga Raquel Castro. escolleu “Tantos anos de silencio”, de francisco castro para participar na corentena literaria

Te puede interesar