Numerosos actos culturais divulgarán a obra de Carvalho Calero por toda Galicia

El conselleiro de Cultura y Turismo, Román Rodríguez, y el presidente de la Real Academia Galega, Víctor Freixanes, (i) junto a las hijas de Ricardo Carvalho Calero, María Vicoria (i) Y Margarita (d), durante la presentación del Día das Letras Gallegas
photo_camera El conselleiro de Cultura y Turismo, Román Rodríguez, y el presidente de la Real Academia Galega, Víctor Freixanes, (i) junto a las hijas de Ricardo Carvalho Calero, María Vicoria (i) Y Margarita (d), durante la presentación del Día das Letras Gallegas
 O intelectual e académico Ricardo Carvalho Calero, primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega na universidade compostelá e pai do reintegracionismo, será o protagonista este ano do 17 de Maio e, como tal, de homenaxes, actos culturais, exposicións, debates e edicións conmemorativas da súa obra, que percorrerán a xeografía galega, traspasarán as fronteiras internacionais.


O ano en que se conmemora o centenario da revista "Nós" foi o que a Real Academia Galega escolleu, finalmente, para recoñecer a "Don Ricardo" co tan reclamado homenaxe no Día das Letras Galegas, nun momento en que se apela a incidir ao valor do idioma e da identidade galega a nivel económico e ás potencialidades que ofrecen os vínculos da lingua cos países da lusofonía.
Neste contexto, decenas de actividades difundirán a memoria e o papel de Carvalho Calero por todo o territorio, concellos ou centros educativos. Así se destacou onte, na Cidade da Cultura, nun gran acto no que se detallou a programación deseñada para celebrar este 17 de Maio e que contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez ou o presidente da RAG, Víctor Freixanes, ademais das fillas do homenaxeado e outras autoridades.
O propio 17 de maio, o Teatro Jofre de Ferrol acollerá o pleno aberto da Academia Galega en honra a Carvalho Calero, e a institución impulsará outras iniciativas, como "A Primavera das Letras" (espazo na súa web destinado o público infantil e de primaria) ou unhas xornadas de estudo para profundar no traballo do homenaxeado.

mostra itinerante
Unha das accións centrais será a mostra itinerante "A voz presente", promovida pola Xunta en colaboración coa AssociaÇom Galega da Língua (AGAL) e que chegará a once municipios galegos e á localidade de Viana do Castelo, en Portugal. A través dos paneis da exposición analizarase tanto a dimensión artística como humana e lingüística do ferrolán, para pór en valor o seu legado.
En materia educativa, elaboraranse unidades didácticas sobre o traballo de Carvalho Calero e Política Lingüística impulsará iniciativas como o concurso-exposición Letras Galegas 2020, concursos de "podcast" radiofónico, ademais das accións dos equipos de dinamización lingüística.
O su traballo tamén será lembrado a través de diversas edicións conmemorativas, como os "Cadernos Ramón Piñeiro", ou a recuperación da colección epistolar con figuras como Otero Pedrayo.n

Te puede interesar