ELBA PEDROSA Publica a súa primeira novela, “O que non sabías”

“A novela ten amor e intriga, pero tamén é un berro de liberdade, de emancipación da muller”

Elba Pedrosa, nunha das localización importante da novela.
photo_camera Elba Pedrosa, nunha das localización importante da novela.
 Elba Pedrosa (Santa Cruz de Tenerife, 1973), consultora e formadora en creatividade e oratoria, presenta a súa primeira obra de ficción, “O que non sabías”, que sae publicado simultaneamente en galego e en castelán.

Que versión foi primeiro: a escrita en galego ou a de castelán?
Fun escribindo nos dous idiomas. Ao ser unha historia con distintas voces e ambientada no rural galego dos anos 60, a historia pedíame o galego. Fun alternando. Non fixen traducción.
Que lle levou a tratar un tema tan lonxe da súa realidade?
Non o está tanto. Fala de migración e que galego non ten algún familiar que marchase? Pola banda da miña nai viaxaron a Arxentina e por parte do meu pai, estaban vencellados ao banco onde os emigrantes enviaban o diñeiro. Levo moitos anos escoitando historias deste tipo. Ambientei a historia no Val Miñor porque aquí pasei a miña nenez e quixen reflectir esta contorna.
A trama cóntase dende a visión de Marisa e Roberto, nai e fillo. É un xeito de completar tódalas arestas do poliedro?
Os dous protagonistas teñen que explicar a súa historia, pediron ter voz. El, xa adulto, rememorando a súa adolescencia, na procura do que oculta o seu pasado e que lle facilite un cambio vital, conéctase coa historia da nai. A historia vaise tecendo sobre todo eles e amosa outros fíos: o psicolóxico ou o social.
Os personaxes buscan un cambio vital. É unha novela de retos?
Dixéronme que era unha novela liberadora. Gustoume porque deixa esa sensación de tranquilidade. Ten amor, intriga, pero tamén é un berro de liberdade e de emancipación das mulleres.

Te puede interesar