vigo

A novela ‘Iridium’, entre os mellores libros do mundo

Francisco Castro presentou “Iridium” en septembro de 2018.
photo_camera Francisco Castro presentou “Iridium” en septembro de 2018.
A lista internacional IBBY de Oslo destaca a obra do vigués Francisco Castro polo tratamento que fai da discapacidade
nnn  “Iridium’ trata da mirada dos outros; non é casualidade que Iris sexa unha raiña en Instagram, que é a rede da imaxe, o que máis lle amola é o paternalismo con que a trata todo o mundo despois do seu accidente; o único que non o fai é outro raro, Mario; ambos están etiquetados”. Así definíu Francisco Castro a súa novela “Iridium” para Atlántico o día da súa presentación, en septembro de 2018. Dous anos despois volve a ser noticia porque a lista sueca IBBY distinguíuna entre os mellores libros que abordan o tema da discapacidade.
“Podedes maxinar o estado de alegría no que agora me atopo porque este libro, publicado orixinalmente en Galaxia, e que tamén está en castelán, catalán e éuscaro, reciba tan alto recoñecemento”. Así compartía o autor a súa ledicia a través do seu blog “A canción do náugrafo”.
Amais de incluir o libro no Catálogo do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais (Outstanding Books) implica que o libro estará exposto na vindeira Feira do Libro de Boloña (Italia) e q nas mostras itinerantes por todo o mundo. O IBBY foi creado en 1985 no Norwegian Institute for Special Education da Universidade de Oslo. A institución, que conta co apoio da Unesco, posúe unha gran colección de libros para nenos, mozos e adultos con dificultades de linguaxe e de lectura.n

Te puede interesar