vigo

Cinco meses de certame con os “Microcatrorelatos”

O xurado presentou onte a nova edición dos Microcatrorelatos.
photo_camera O xurado presentou onte a nova edición dos Microcatrorelatos.

n n n De Catro a Catro, en colaboración con Galaxia, Xerais, Elvira e a asociación cultural 4 Patacos, convoca o concurso de relatos curtos “Microcatrorelatos”, que no 2017 acadará a quinta edición. En opinión da escritora e integrante do xurado Clara do Roxo esta nova edición do concurso amosa “a clara aposta do Café Catro a Catro pola cultura en lingua galega”.
O 26 de maio celebrarase a final do certame. Terán lugar catro eliminatorias previas, os días 27 de xaneiro, 24 de febreiro (especial Entroido), 31 de marzo e 28 de abril, todas elas ás 22 horas, no café De Catro a Catro.
O prazo para a admisión dos orixinais remata o quince de cada mes, ás 23:59 horas. Haberá dous premios: Un outorgado polo xurado, que consistirá en 300 euros; e outro outorgado polo público, de 200 euros. 
Deberán estar escritos en galego, terán que ser orixinais e inéditos, cunha extensión entre 1.000 e 1.500 carácteres, espazos incluídos, en formato Word, con tipo de letra Times New Roman, tamaño 12, a dobre espazo. Serán enviados ao enderezo de correo electrónico [email protected] indicando en “asunto” o título do relato, que se repetirá no encabezamento do mesmo, e sen ningunha identificación do autor.
O xurado estará composto polos escritores Clara do Roxo e Amadeo Cobas, a mestra Mari Carmen Casal e Ángela Costas, gañadora do certame Microcatrorelatos de 2016.n

Te puede interesar