LITERATURA CON SELO VIGUÉS

“Un lume azul”, o novo de Pedro Feijoo, chega ás librerías o día 21

Pedro Feijoo regresa cun thriller ambientado na comarca de Vigo.
photo_camera Pedro Feijoo regresa cun thriller ambientado na comarca de Vigo.
 Pedro Feijoo (Vigo, 1975) xa ten no prelo, pronto para saír, a súa última novela, “Un home azul”. Trátase dunha aposta nova, da que o escritor non quere adiantar nada. Baixo a inspiración da literatura de Pierre Lemaitre, Feijoo experimenta co xeito de narrar:
“É un thriller, hai violencia e agresividade, pero tamén ten unha parte riquiña, aos que lles gustou ‘A memoria da choiva’, está tamén o fará”. O que si deixa claro é que non se trata de novela negra: “Hai unha teima de falar do novela negra escrita por vigueses e incluirme a min, eu non escribo novela negra”.
Publicada por Edicións Xerais en galego, sairá ao mercado o 21 de novembro; a versión en castelán será de Random House e verá a luz o 23 de xaneiro. Aínda sen data concreta, Pedro Feijoo conta con poder presentar “Un lume azul” nas primeiras semanas de decembro en Librouro.
Unha vez máis a acción iníciase en Vigo, pero ten unha presenza especial o sur da provincia, Monteferro e Mougás: “Quixen recrear ese ambiente gris do mar de Oia, rompendo con forza contra as rochas”. Con este novo traballo, Pedro Feijoo recoñece pechar un proxecto ao que levaba anos dándolle voltas: “Descubrín un novo xeito de contar, aínda que daba vertixe”, recoñece.n

Te puede interesar