vigo

Julián Rodríguez Novo, o paso da dramaturxia á novela negra

Julián Rodríguez, coa portada da novela que saíu onte do prelo.
photo_camera Julián Rodríguez, coa portada da novela que saíu onte do prelo.
 Julián Rodríguez Novo (Vigo, 1979) presenta “Recuerda que morirás”. Será este xoves, ás 21 horas, en De Catro a Catro. Contará coa colaboración do actor Xosé Manuel Conde, do artista vigués Pablo Dios e coa actriz Lina López.
Finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática en 2017 con “A traxedia do bou Eva”, Julián Rodríguez Novo pasa da dramaturxia “Alfa Omera/ Anticristo Superstar” (Discursiva, 2019) á súa primeira novela negra: “O anterior ten máis que ver con deixar publicado o meu pensamento, este está orientado a que lle guste á xente, amais dunha trama dou datos e un contido interesante, aos lectores gústalle, porque se o pasan ben e aprenden é tempo ganado”, afirma o autor.
Estrea nesta ocasión na escrita en castelán, aínda que prefire facer a entrevista en galego: “Eu son dos que me incorporo á defensa da lingua, sempre optei por escribir en galego, aínda que se venda menos, pero esta vez apostei por unha editorial cántabra e analicei os elementos que funcionan nos autores de éxito: hai unha trama policial, teño personaxes que enganchan, amoso un tema controvertido como o cuestionamiento da existencia de Jesús incluso como personaxe histórico ou episodios curtos”. Tamén aposta por primeira vez por un personaxe feminino. “Para min supón un cambio de paradigma, pero é o lóxico xa que a meirande parte do público cultural é feminino”.
Así inspirado no mito grego de Admeto e Alcestis, presenta a un asasino que lle rouba tempo as súas vítimas.n

Te puede interesar