vigo

“A exclusión social non causou a radicalización en Bruxelas”

Xavier Queipo, onte, na presentación de “Os Kowa”.
photo_camera Xavier Queipo, onte, na presentación de “Os Kowa”.

Xabier Queipo, residente en Bélxica, pasa uns días en Galicia

 Xavier Queipo, residente en Bélxica, pasa uns días de vacacións en Galicia, tempo no aproveita para promocionar a súa última novela “Os Kowa”, distinguida co premio Blanco Amor. Dende a distancia analiza, aínda impactado o recén atentado de Bruxelas: “Foi tremendo; teño dúas compañeiras de traballo en coidados intensivos, xa que a estación de metro onde estouparon as bombas, está a carón  da nosa oficina”, afirmou. Como escritor, participará ao seu retorno nun acto de protesta e indignación que están a organizar o colectivo de poetas da cidade: “Moitos deles son de orixe musulmán, e algúns practicantes; todos están abraiados cos feitos, consecuencia directa das predicacións salafistas que inculcan a morte dos infieis e que son unha minoría”.
Asegura coñecer moi ben o barrio de Molenbeek, onde se agochou o terrorista, xa que vivíu alí moitos anos sen nengún problema. “Non entendo como as nais dos compañeiros de escola dun asasino puideron protexelo, sabendo a barbarie que cometera”. Cando se lle pregunta cal puido ser a causa da mudanza nos seus antigos veciños, é contundente ao declarar: “A exclusión social non causou a radicalización en Bruxelas, porque en malas condicións viven os africanos, os sudamericanos, e non se lles ocorre inmolarse”. Para o escritor, o motivo hai que buscalo no perfil dos terroristas: “A unha idade determinada se é máis permeable para as ideoloxías radicais, forma parte da rebeldía; a segunda guerra do golfo foi tremenda, destruíron o único estado laico da zona, Irak, e xerouse un odio entre occidente e oriente; os salafismo envíou millóns de euros para predicar o odio e reclutar a xente maleable; así o barrio foi progresivamente radicalizándose, ata o punto de obligar ás rapazas a andar con velo que o poñen por medo”.
Considera que o atentado foi contra Europa, “pero aconteceu en Bruxelas por unha serie de circunstancias que o facilitaron”.

‘Co Blanco Amor teño a colección enteira de premios’

Xavier Queipo presentou onte na librería Andel o seu último libro “Os Kowa”, premiado co Blanco Amor. “Tivo un comezo moi bo, porque é un dos tres premios máis importantes da narrativa galega co Xerais e co Ánxel Casal; agora xa teño a colección enteira”, apuntou orgulloso. Conta a historia dun investigador, acostumado ao laboratorio que ten que pasar unha tempada no Amazonas. “É unha novela de aventuras e psicolóxica”, asegura.n

Te puede interesar