LUIS ZAHERA Actor

"Estou traballando nun novo proxecto con dani de la torre"

Luis Zahera con el Goya  ao mello actor de reparto en "El Reino".
photo_camera Luis Zahera con el Goya ao mello actor de reparto en "El Reino".

O seu papel de Cabrera na película “El Reino”, dirixida por Rodrigo Sorogoyen serviulle para ganar o Goya ao mellor actor de reparto.

Era a segunda vez que traballaba ás órdenes de Sorogoyen e a terceira que o facía con Antonio de la Torre, o protagonista da cinta. Luis Zahera (Santiago, 1966) é un actor que na meirande parte dos seus traballos afronta papeis de personaxes estremos. Papeis difíciles, pero resoltos cunha gran soltura e unha gran honestidade. Tal vez eso explique que das 14 nominacións a outros tantos premios, o Goya foi o último polo de agora, gañara 12. Algo que dificilmente atoparemos nin tan sequera entre os grandes actores de Hollywood.

1. ¿Como foron as túas orixes na interpretación?
Comecei nunha compañía de teatro afeccionado que existía en Santiago, que se chamaba Ditea, da man de Manuel Olveira “Pico”. Ditea eran as siglas de Difusión do Teatro Afeccionado, que fundara Agustín Magán no comezo da década de 1960. Por alí pasaron moitísimos actores e actrices. Logo chegou a TVG, e abriuse un mundo de traballo para os actores e actrices. As televisións autonómicas foron unha gran baza para as comunidades históricas co seu propio idioma. Empecei a colaborar alí, e foro anos de moitos traballos. Estiven vinte e tantos anos en “Luar”, “Mareas vivas”, logo viñeron outras series,  fixen teatro e logo chegou o cine.

2. ¿Foi unha chegada vocacional?
Para min, houbo un momento decisivo. Cando a miña irmá Ángeles levoume ao teatro. Fáloche de febreiro de 1982. Levoume co que hoxe é o seu marido, Xosé, a ver “Angélica en el umbral del cielo”, de Eduardo Blanco Amor, pola compañía Zascandil de Madrid. Impresiunoume tanto aquilo que esa noite cando cheguei a casa asumín que eu quería ser actor.

3. E cinco anos despois desa data xa traballas con José Luis Cuerda en Divinas Palabras, con 21 anos
Si. Foi pouco máis cunha figuración cunha frase. Lémbrome da frase: “A su mujer la traen en un carro puesta a la vergüenza”. Para min foi unha gratísima experiencia, traballar con Paco Rabal, con Ana Belén... Pero daquela estaba moi mal visto ter acento galego. Os actores tiñan que ter un acento neutro. Pero o acento galego estaba tan mal visto que a min me dobraron. Pasoume máis veces nos inicios. O falabas nun español neutro ou con acento andaluz, que era a ortodoxia daquela. Por sorte logo a cousa mudou.

4. Botando unha ollada aos teus personaxes, encarnas sempre papeis de homes duros, difíciles, complicados. ¿É algo que saíu así, ou é elexido?
Nunca me deron un papel dun electricista que está casado e ten dous fillos e leva unha vida feliz. Os meus son papeis complicados, difíciles, as veces, terrorificos. Sempre que falo desto lémbrome dos meus sobriños. Teño sete e acórdome dunha vez, cando eles eran aínda cativos eu marchaba a rodar un capítulo dunha serie a Hungría e cando fun a despedirme deles, me preguntaron: “¿E a cantos matas?”. Foi o primeiro que me dixeron. Eu expliqueilles que non mataba a ninguén. Entón, xa replicaron inmediatamente: “¿E cómo te matan?”. Efectivamente me mataban. Espero que coa idade vaia tendo outro tipo de persoaxes. De todos modos, tiven sorte e outras veces teño feito comedia e outros xéneros. Malia todo, síntome moi a gusto facendo este tipo de traballos. Penso en cando era neno e xogaba a polis e cacos. Unhas veces tocábache faceer de poli e outras de caco. O importante do xogo era que disfrutaras, independementemente do rol que fixeras. No cine, no teatro e na televisión é o mesmo. O importante é que o fagas con honradez, con paixón e que o disfrutes.

5. Nese traballo, no que te desenvolves ti, que é de actores de reparto ou secundarios, ¿está condicionado polo traballo dos protagonistas? Penso, por exemplo, na última pelicula, “El reino”.
Ate agora sempre sentinme moi querido, moi ben acompañado no meu traballo. E no caso de “El reino”, traballar con Antonio de la Torre, que é unha besta da interpretación, foi algo moi apaixonante porque ten unha gran talla como actor. É algo que vese perfectamente na escena do balcón. Esa compenetración, tan necesaria co protagonista, resulta fácil con grandes como el.

6. Tes traballo dabondo, e moitas veces en varios frontes á vez: cine e televisión, teatro... ¿Resulta difícil compaxinar?
É bastante doado de compaxinar, porque no meu caso, trátase de papeis de reparto, de secundario que non esixen unha presenza moi intensa nas rodaxes. Entendo que xente como Luis Tosar e Javier Gutiérrez o teñen máis complicado. Pero no meu caso intento que non haxa problema.

7. ¿De que depende que haxa novos traballos? ¿Dos anteriores, dos premios?
No aspecto laboral, esta é unha profesión complicada. Nunca sabes a que se debe que teñas traballo ou non. As veces pode ser porque te viran en determinado traballo anterior; outras, porque estabas no lugar adecuado e no momento axeitado. Non sei. Penso que se ti te dedicas a construír pontes e fas unha ponte de esas difíciles polas que pasan cada día miles de toneladas por enriba e sáeche ben, o máis probable e que te volvan a chamar unha e outra vez para facer pontes. No caso da interpretación é unha marcianada. Porque ter o teu traballo ben feito antes non sempre se traduce nun novo traballo. Hai moito de azar. Para min é moi difícil de explicar por que uns estamos traballando e outros que son mil veces mellores ao mellor non. 

8. ¿¿Te paran pola rúa, para comentar algún dos teus papeis?
Con “El reino” pasoume unha cousa curiosa. Non foi unha película de moito éxito na estrea. Foi vista por 300.000 persoas, nada mais. Supoño que agora cos Goya terá unha segunda vida con máis éxito de público. Pese a todo, téñome encontrado con xente que me para e me da as grazas por ese papel, por esa escena do balcón. É un thriller político e serviume para comprobar que hai xente comprometida contra a corrupción.

9. ¿Estás xa cun novo proxecto?
Estou traballando nunha serie dirixida por Dani de la Torre, para Movistar que se move no mundo da loita de unha unidade especial da policía contra o terrorismo yijadista.

10. Teatro, cine, televisión... ¿Cal é o teu espazo favorito de todos ese modos de intepretación?
Síntome a gusto en calquera deles. Tal vez no teatro, porque dentro desa gran mentira que é a interpretación, o teatro e a máis real de todas. O que me chama atención, dentro de ese tan amplo abano, non son os soportes: teatro, teatro da rúa, monólogos, televisión, cine... senón os cambios que se están a producir na maneira na que o público o consume: As plataformas, a televisión á carta. É un tempo de cambio.n

Te puede interesar