vigo

A curiosa vida do tradutor ao galego de Homero

Dolores Losada Seijo, Xesús Alonso Montero, Agapito Valado e Fran Alonso, onte na presentación do libro “Homenaxe a Evaristo de Sela”, publicado por Edicións Xerais.
photo_camera Dolores Losada Seijo, Xesús Alonso Montero, Agapito Valado e Fran Alonso, onte na presentación do libro “Homenaxe a Evaristo de Sela”, publicado por Edicións Xerais.
Un libro, promovido pola súa filla, rende homenaxe a Evaristo de Sela, profesor do IES Santo Tomé, que faleceu en 1994
 “Como pai foi moi severo e estricto, pero o admiro como intelectual, era rigoroso, traballador e constante”. Así, Stella Maris González fala de Evaristo de Sela, o seu proxenitor, responsable da primeira tradución ao galego das obras clásicas de Homero, ‘Ilíada’ e ‘A Odisea’. “Adicoulle oito horas diarias unha vez que se xubilou, tiña abertos moitos diccionarios para ir traducindo hexámetro a hexámetro, de xeito moi coidadoso; compartía comigo a dificultade do primeiro libro; cando pasou a ‘A Odisea’ díxome que en comparación era como coser e cantar”.
Intelectuais como Alonso Montero ou Moralejo louvaron a seu labor de traducción. Considerado o principal helenista na cidade (inaugurou o centro Amigos de Grecia para fomentar a difusión do grego moderno), foi autodidacta tanto na versión clásica como a contemporánea deste idioma. “Non sei de onde lle viña esa afección, pero na casa hai xornais gregos dende 1941”, explica a filla.
O helenismo só representa unha faceta da curiosa vida deste home consagrado ao estudo e á investigación léxica. Onte, na libraría Cartabón, presentouse “Homenaxe a Evaristo de Sela”, que coordinado por Stella Maris coa axuda de Xosé Abilleira, reuníu a dez colaboradores que o trataron ou coñeceron o seu traballo nos distintos ámbitos. 
A poesía foi outro dos intereses de Evaristo de Sela, en realidade Evaristo González, quen tomou como apelido a súa parroquia natal de Arbo. “Empezou a escribir na cadea, onde pasou cinco anos por querer desertar do bando nacional no 36; víu disparar ao seu superior e pensou que iso non ía con el, con dous compañeiros cruzou a fronteira do Miño a nado, pero cando chegaron alí, a policía portuguesa detívoos e entregounos ao cuartel”. 
Aquí comezou unha peregrinaxe por distintos penais en toda España. Cando regresou a súa casa, atopouse sen nada e con antecedentes, como estudiara para cura no seminario menor de Tui e cos xesuitas, intercederon para que o empregasen no colexio Labor, aínda sen titulación. “Non lembro ao meu pai tan contento como un día en 1955 en que se borraron os seus antecedentes, ‘xa teño as portas abertas’, dicía”. Non embargantes, a filla lembra que esas portas abertas supuxo unha carreira contrarreloxio, compaxinando traballo con estudos universitarios a distancia. Finalmente licenciouse en Filosofía y Letras, na rama de Xeografía e Historia.
O legado do seu traballo e os seus libros serán doados pola familia. “O que está feito en galego destínase á Fundación Penzol, o resto aínda estou pensando, gustaríame que fora á Universidade de Vigo”.n

Te puede interesar