CELIA PEREIRA PORTO Editora de “O meu pecado mortal. Clara Campoamor”

“Sen Clara Campoamor, as mulleres en España non poderían ter votado en 1977”

Celia Pereira falou en Vigo do legado de Clara Campoamor.
photo_camera Celia Pereira falou en Vigo do legado de Clara Campoamor.
Celia Pereira Porto falou onte en Vigo de “O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu. Clara Campoamor”, edición traducida ao galego por María Reimóndez, da que é responsable. Invitada polo Centro de Documentación e Recursos Feministas, avogada de formación, abordou a publicación onde a principal artífice do logro do sufraxio para muller explica o custe persoal que tivo que pagar.

Este libro recolle a traducción do texto orixinal de 1936?
É unha traducción da primeira edición publicada en Madrid pola libraría Beltrán. Tan só ten uns pequenos cambios, correccións para facilitar a lectura dos que fago mención no prólogo.
Por que sigue vixente a mensaxe de Campoamor?
Quitando os anacronismos, segue vixente porque aínda que as cousas mudaron, os argumentos contra os dereitos das mulleres non se basean en feitos puntuais, son estructurais da sociedade que se ten que transformar para implatar medidas efectivas que consigan un proxecto de vida alleo as condicións marcadas antes de nacer.  En momentos de avance poden acontecer retrocesos con novas lecturas do que xa se viña dicindo entón. 
A campaña de Clara Campoamor que se implantase o sufraxio universal en España en 1931. Semella que foi antonte.
Parece, pero foi relativamente pronto se se compara con outros países como Portugal ou Francia. En Gran Bretaña, cunha forte tradición sufraxista, non foi ata 1928. Este libro achega unha perspectiva histórica deste momento e que ante a repetición das eleccións se valore o feito de votar, unha dereito que custou conquistar, aínda que agora sexa inconcebible perdelo.
Que custe persoal tivo esta loita?
Se non fora por ela, en España as mulleres non poderíamos ter votado no 1977. Foi unha victoria agridoce, porque acabou en fracaso. Tiña moita confianza en si mesma e no seu talento. Morre o seu pai cando era nena, coa nai modista, ten que traballar e estudar ao tempo. Logra sacar unhas oposicións e logo estuda Dereito, é a primeira avogada en exercer en España. Tiña unha clara vocación política y consigue chegar ás Cortes, dende onde, amais do voto, traballou a prol dos dereitos da muller. Este texto é unha defensa do seu propio traballo, algo pouco frecuente na literatura de entón e menos entre as mulleres. Mais tanto ela coma a súa familia recibiron insultos e amenazas por ter defendido o voto feminino.

Te puede interesar