Cultura

Tras 63 anos, sae o libro co método de Antía Cal

Cultura

vigo

Tras 63 anos, sae o libro co método de Antía Cal

Antía Cal, asinando os primeiros exemplares de “O libro dos nenos”, editado 63 anos despois de ser redactado.
photo_cameraAntía Cal, asinando os primeiros exemplares de “O libro dos nenos”, editado 63 anos despois de ser redactado.

“O libro dos Nenos” sae do prelo con máis de seis décadas de retraso; preséntase este luns en Gondomar, acto ao que asistirá a pedagoga

nnn Antía Cal, aos 95 anos, volve a sentir a emoción dunha nova publicación, “O libro dos Nenos”. Editada pola Deputación de Lugo, preséntase este luns no colexio rural de Gondomar que rinde co seu nome homenaxe á pedagoga. Trátase dun manuscrito inédito dunha enciclopedia de xeografía escrita en galego, que presentou a un premio convocado por Lar Galego de Caracas. Pese a que Antía Cal recalca que “son bastante ordeada”, o traballo traspapelouse no despacho que compartía co seu home, o oftalmólogo e investigador, Antón Beiras: “Remitíromo para que lle fixese uns cambios, pero eu estaba tan centrada noutro traballo, que non podía pensar noutra cousa”.
Pasaron 63 anos e segue vixente o método de ensino que propuña  alí, o mesmo que anos despois poría en práctica nas Escola Rosalía de Castro, fundada en 19. “A clave está en que o neno aprenda contento, ten que esforzarse, pero con gusto”, afirmou onte Cal, dende a súa casa de Moaña, onde recibíu con satisfacción a nova publicación. Ademais dos coñecementos, xa daquela, en 1955, a pedagoga mostra especial coidado coa lingua. Escrito en galego, antes antes da existencia da normativa, recolle as diferencias dialectais: “Sobre como se diga unha palabra sempre hai unha referencia común, o latín, que aguanta o significado, meu marido era de Santiago e eu de Lugo e tíñamos expresión distintas pero cunha mesma orixe”, puntualizou. 
Antía Cal adiántouse con esta publicación á asignatura “Coñecemento do medio”. Deixaba atrás o método exclusivamente memorístico a favor de introducir unh ensino máis sensorial e humanista.n

Más en Cultura
Comentarios