A vinculación de ‘Don Paco’ con Mondariz

A Biblioteca pública de Mondariz, escenario mañá xoves, da conferencia de Malores Villanueva sobre ‘Don Paco’.
photo_camera A Biblioteca pública de Mondariz, escenario mañá xoves, da conferencia de Malores Villanueva sobre ‘Don Paco’.
Malores Villanueva, biógrafa de Fernández del Riego, falará  da súa relación con Mondariz, Mondariz Balneario e Peinador Lines

Da man da Asociación Ecocultural Búrbida de Mondariz, a Biblioteca Municipal da localidade,  vai acoller, mañá venres, día 19 de maio, ás oito do serán (20h), unha conferencia  sobre "Francisco Fernández del Riego e Mondariz", impartida por Malores Villanueva, biógrafa do homenaxeado este año no Día das Letras Galegas. 

Nesta charla, a conferenciante abordará a relación de ‘Don Paco’ con Mondariz e Mondariz Balneario, en particular cos persoeiros locais como o empresario galeguista Enrique Peinador Lines ou o xornalista da Agencia EFE, Celso Collazo Lema. E se falará tamén dos  principais fitos vitais de Fernández del Riego así como a súa obra e o seu traballo como motor do Partido Galeguista e como divulgador e dinamizador da cultura galega escrita ao longo de case a totalidade do pasado século XX e a primeira década do XXI.

Malores Villanueva, a súa biográfa, profesora, crítica literaria é a  autora do libro "Francisco Fernández Del Riego, un loitador pola idea de Galicia" (Ed. Galaxia 2023). Obra da que remata de sair do prelo a súa terceira edición. Emilio Gonzalez Avión será o encargado de presentar este acto literario  que conta coa colaboración de ambos os dous concellos, Mondariz e Mondariz Balneario.

Te puede interesar