Loita socialista contra o despoboamento de Mondariz

Violeta Lois, candidata socialista a alcaldía de Mondariz.
photo_camera Violeta Lois, candidata socialista a alcaldía de Mondariz.
No seu programa electoral aposta polo mantemento, mellora e conservación dos servizos básicos de Mondariz e as súas parroquias

A candidata a Alcaldía de Mondariz, Violeta Lois, presenta aos veciños o programa electoral por Mondariz e as parroquias, aposta polo mantemento, mellora e conservación dos servizos básicos de Mondariz e as súas parroquias. “A mellora na rede de abastecemento de auga pública e privada, así como a rede de recollida de lixo ou o arranxo urxente das estradas municipais, así como da limpeza das vías públicas será unha prioridade no meu mandato”, apuntou.

Outra das liñas na que se desenvolve o seu programa electoral e o Mondariz é a do turismo sostible, así como mellorar os servizos sociais ampliando o servizo de axuda no fogar e o centro de día, a protección do patrimonio histórico , a eficiencia enerxética, a protección do medio natural e do Río Tea. “Temos que evitar o despoboamento fortalecendo os servizos básicos en Mondariz ”, afirmou.

Te puede interesar