Que me teñen farto

Se me presentan de maneira machacona a frase 'a culpa tena Zapatero', e eu argumento en contra, pode parecer que son partidario, parcial.
Pois non, mire vostede. O que sucede é que me teñen farto coa facilona postura de botarlle a culpa ao anterior, por que si. Iso críspame por que o feito de recorrer a semellante argumento fácil, simplón, ramplón e vulgar, xa está demasiado raiado, xa renxe. Particularmente, dáme náuseas. Pode ser que nun principio, alá por 2011, á vez que se pronunciaban frases cargadas de promesas que non se cumprirían, nin se cumprirán, usásese a muletilla de Zapatero como reforzo á súa campaña co fin de chamar a atención dos agora errados votantes e ilusionados por gaivotas milagrosas hipnotizantes, pero a día de hoxe, despois de facer o mesmo que antes criticaban por que o facía ZP, xa non ten xustificación algunha. Quedou rancio, anticuado, improcedente e ademáis ten unha carga de hipocrisía, cinismo, falsidade e mentira que insulta e agride a intelixencia das persoas, ademáis de distraer e desviar a atención dos incautos e ilusos, entre os cales considero non atoparme.

Se eu argumento, que non o faría nunca, por seguir a rolda, que en realidade a culpa é de Aznar, por que de todos é sabido que parte da crise se provoca durante o seu mandato, aínda a pesar de que 'España vai ben', ladrillazo e creditazo fácil, vostede, amigo lector, si é que fai caso de quen di e sostén torticeramnte, que a culpa é de ZP, pensará con máis forza agora que antes, que son partidista e parcial.

Pois demostraréi que iso non é así e que se seica hai alguén por aquí que sexa parcial será aquel que pense, aínda a pesar dos argumentos, que lle teño teima ao PP ou que son tirano cos que usan o argumento estúpido e fácil de que a culpa a ten o anterior. O que sucede é que me parece unha solemne bobada caer na tentación fácil de crer cos ollos pechados que a mala xestión dos que agora gobernan quéirana descargar en Zapatero, na esquerda deste país ou en calquera outra cousa que estea enfronte deles/as, cando se demostrou que todo aquilo que criticaban acabaron facéndoo desde que chegaron ao goberno. ¿É necesario lembrar que criticaron a subida do IVE e acabaron subíndoo? ¿É necesario lembrar que dixeron que non se tocarían os alicerces esenciais do estado de benestar e logo o defenestraron? E isto é por citar algunhas cousas que fixeron/non fixeron/desfixeron. Para o resto están as hemerotecas.

Entón, ¿para qué vale o argumento de que a culpa é de ZP? O certo é que lles deu resultado. Por unha banda desviaban a atención do pobo o suficiente como para que non se fixasen moito no que desfacían ou facían mal, mentres tomaban decisións desde o poder, e doutra banda conseguiron inculcar en moitos indecisos o sentimento de culpabilidade ou de complicidade cos errados anteriores xestores. Pero que a día de hoxe, dous anos e pico despois, sígalles valendo o argumento ramplón, xa soa a pastilla de freo gastada ou a bisagra sen engrasar. Xa canta.

Co fin de atopar a raíz de todos os males, ou de moitos deles, debemos recorrer moito máis atrás, cando nos venderon a panacea da democracia cunha Constitución que ía ser o milagre de fináis do século 20 e a apoteose no seguinte centenar de anos vindeiros. A proba definitiva é que desde que se instaurou aquela falacia a riqueza foi total e absolutamente mal repartida, indo parar a catro mans, acabaron por destruír o estado de benestar que contemplan os diferentes artigos do librito famoso e terminaron por aniquilar os dereitos e liberdades que tamén menciona o tomo legal ou carta magna. Mentres, aparecen uns que botan a culpa ao anterior, séguense repartindo o pastel que entre eles cociñan.

Te puede interesar
Más en Cartas al director