pecados e penitencias

Sempe crin, a pesar de non entenderme ben coa fe, ou precisamente por iso, que a relixión non era unha profesión. Senón que se trataba de algo máis. Un algo distinto. Doutro nivel. Un algo que se escapa ás nosas interpretacións elementais e vulgares. Quen á relixión se entrega é por unha razón. Unha chamada. Incluso.

As profesións, creo eu, navegan por correntes que desembocan noutros mares. “Hai abusadores entre os membros das profesións más respectadas do mundo”. Dixo o Vaticano ante a comparecencia na ONU. Levo días, dende que a noticia asomou, tentando entender. Mais non o consigo. Non alcanzo a debullar a mensaxe. Se acaso algo querían dicir, ou se acaso algo querían seguir agochando. Porque hai que crerse moi por enriba do ben e do mal para despacharse desa maneira.

Sempre me preguntei que tipo de penitencia infrinxirá Deus a un discípulo pecador. Calquera deses que predica a súa palabra entre nós, os mortais. Imaxínome algo terrorífico. Lume. Cravos. Sangue. Látegos. Se para os demais comúns o castigo xa é severo. Meu Deus, líbrame da tentación.

Te puede interesar
Más en Cartas al director