outra ración de polbo-pulpo máis

Non hai mellor manobra de distración que aquela que -de cando en vez- provoca 'cortiñas de fume' que agochan a ineficiencia e falla de iniciativa política para tentar de paliar a cruda realidade que viven os cidadans.No caso que nos ocupa, o amigo Arximiro, de xeito habil, logrouno.
O Carballiño aparece en tódolos meios de comunicación -esto non fai mal- pola ocorrencia de provocar un debate, ao meu xuizo innecesario. Non penso que sexa cometido prioritario de ningún Concello dirixirse, neste caso a RAG (Real Academia Galega) para suxerirlle un posicionamento; supoño que 'doutores terá esta institución' e que no desempeño das súas funcións estará velar pola 'saúde do idioma'.

Moita xente opina, afortunadamente temos multitude de especialistas, e tamén aficionados, que se atreven a 'pontificar'. Eu, que son un igñorante no tema, non serei tan osado de facelo. Este tipo de iniciativas da pé para, modestamente, recomendarlle ao alcalde de tódolos carballiñeses que insista nesta dirección, así non estaría de máis que se dirixira á Real Casa da Súa Maxestade el- rei, para decirlle 'que os tempos da marcha son chegados', xa que teño constancia que moitos carballiñeses e carballiñesas -entre os que me inclúo- tamén pensamos que é necesario un 'retoque' na 'nomenclatura' da máis alta Institución do Estado.

Nesta dirección, tamen podería dirixirse á 'Real' Executiva do PP para pedirlles que lle den unha volta ao proxecto de lei de reforma da lei do aborto, e indo máis perto debería, mellor dito debe o alcalde de O Carballiño 'ao estilo de carta aos Reises' dirixirse á 'Real' Xunta de Galiza para que poña en funcionamento a ampliación da Residencia de Maiores, que remate a vergoña do inacabable plano de erradicación do chavolismo da Fontela, que se lle dé utilidade e traballo todo o ano á Residencia do Tempo Libre, que se instale no Carballiño un centro de atención e información da Seguridade Social (CAISS) -a única cabeceira de comarca de Ourense que non conta con este servizo-, que dunha vez por todas se promova o potencial termal carballiñés, poñendo en valor os seus balnearios e creando o Instituto Galego Termal, que se poña en funcionamento unha estación de ITV de ámbeto comarcal, que Renfe non nos deixe sen servizo, que se implante un centro de especialidades médicas público, que se cree unha rede solidaria que promova solucións á crítica situación que están padecendo moitos e moitas veciños/as, que se poña en valor o espazo deportivo de Pena Cobertoira, que se fagan ás xestións para que a nosa institución municipal deixe de pagar a Union Fenosa-Gas Natural por non ter nigún xesto solidario e deixar de cortarlle a luz a aqueles que non poidan pagar o recibo -ainda que vivan nunha comarca productora de electricidade e sometida a continuos cortes de suministro-.

Por certo, deséxolle todo o éxito futuro a 'La Fiesta del Pulpo', ainda que non estaría de máis celebrar unha 'Festa do Polbo', ainda co risco de que por ahi adiante nos tildaran de veciños dunha 'vila erótica-festiva'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director