GEORGE SOROS: FUCIÑO E CANETA

Documéntadonos sobre George Soros (orixinalmente Schwartz) descubrimos toda unha escola filosófica que actualmente sufrimos na carne do estado do benestar.
Aquí entre nós, poñémonos morriñosos e entonando o vello tema de 'o pasado sempre foi millor' regresamos cada un o noso berce ideolóxico. Os das dereitas á dictadura de Franco e os das esquerdas á segunda república. Se ben os totalitarismos da primera metade do século XX eran antagónicos (a república só era unha democracia burguesa) sempre tiñan un sitio, malo ou bo, pra o individuo. Máis o neoliberalismo, sen expresarse coas mañas da violencia física, desposúenos.

Tanto o magnate, agora nacionalizado canadiano, como a súa meirande influencia intelectual Karl Popper saíron dos guetos xudeus de centro Europa, cos nazis escomenzando o holocausto. O segundo, Karl Popper, profesor na London School of Economics and Political Science (onde coincidiron como alumno e mestre) rexeitaba frontalmente o nacionalismo e mesmo foi un grande crítico co sionismo ata o punto de calificar de grande erro a criación de Israel.

Cría no libre mercado máis vía necesaria unha pequena intervención dos gobernos. Soros, que entendeu o legado do mestre como patente de corso, seguíu coas súas vidas paralelas de fuciño e caneta. En tanto que fuciño como autor de repetidas crises financeiras en Asia e Europa, afundindo o Banco de Inglaterra no noventa e dous, estafando en Rusia coa crise do rublo que el mesmo provocara no noventa e oito. En tanto que caneta faltoulle o recoñecemento como filósofo pois un ciminal de tal calibre á forza ten que ser un cerebro brillante.

-Vínganse del chamándolle mediocre-, acusan os admiradores. Na actualidade este home ten unha lexión de prosélitos por todo o mundo e tamén na España. Algúns deles valentes falan abertamente de sufraxio restrinxido a ricos, caso da City londinense. Máis a meirande parte somentes saben relaxala moral e estarricala man. Isto último é algo que se nos ocurríu a nós, non se pode refutar e polo tanto é metafísica. Conclusión: os ladróns non van presos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director