A diferenza entre Gamonal e Kiev

Mentres escribo estas liñas, en Kiev a situación non parece estar no seu mellor momento xa que os crus episodios de enfrontamentos entre os forzas policiais e militares e o pobo, alcanzaron niveis tráxicos contando xa varias mortes aínda sen esclarecer xa que parece ser que houbo francotiradores.
As noticias que chegan están relacionadas coa oposición do pobo á decisión do goberno de Yanukovich de sucumbir aos espurios intereses de Rusia antes que pertencer á Unión Europea. A cousa foise complicando ao impor leis que restrinxen as liberdades e os dereitos elaborando normas que reprimen co fin de acabar coas manifestacións en contra das decisións do goberno. Parece que o efecto foi o contrario ás intencións represoras do goberno daquel país pois a poboación acabou por unirse aínda máis creando máis frontes de oposición dos que se circunscribían exclusivamente ao ámbito da capital e máis concretamente á Praza da Independencia, levando as protestas a diferentes poboacións de Ucraína. Agora ocupan locais públicos e a violencia alcanzou niveis demasiado cruentos. Cousa pouco desexable e para nada imitable, pero cando o pobo emerxe con este nivel de protesta, deben de ter moitas e poderosas razóns para adquirir o risco de manifestarse contra un goberno que lonxe de facer uso dos seus axentes da orde, elaboran leis co fin de infundir o medo e facilitar así o labor destes e conseguir así paralizar calquera intento de protesta. Pois ben, moi lonxe de conseguir aplacar protestas o que conseguiron foi xusto o contrario, alimentar máis as iras, a indignación e a unión do pobo. Agora parece que o goberno de Ucraína cede á presión do pobo e á da opinión pública mundial e promete facer reformas en 'na súa' particular Lei de Seguridade Cidadá e ademais promete que reformará o goberno e indultará aos presos das revoltas cidadás. Aínda así a poboación non se fía e ademais de pedir a dimisión do Ministro do Interior tamén esixen a dimisión do goberno e a celebración de eleccións anticipadas á vez que demandan volver á Constitución de 2004. A cousa púxoselle moi en contra dun goberno represor, totalitario e ditador.

Por aquí, en España, concretamente en Gamonal, non sucedeu igual que en Kiev. O que se aveciñaba como a faísca que incendiaría o resto da nación, como porta de saída á indignación contida da sociedade, na súa maioría, acabou apagando calquera intento ou indicio de que iso sucedese. Non en balde xa están a xurdir movementos sociais e colectivos que propoñen a acción cidadá esixindo maior participación nas decisións e un maior e mellor repartición da riqueza, á vez que se erixen como alternativas ao capitalismo e ao consumismo exacerbados que actualmente atenazan, atosigan e asfixian á sociedade. Haberá que ver que pasa. En Kiev e en ¿Gamonal?.

Te puede interesar
Más en Cartas al director